Multimedia

Attribution: Wikimedia Foundation. Wikimedia Commons

The British Museum, Collection Online: con 2,187,866 rexistros dispoñibles, que representan máis de 3,500,000 obxectos.

CC Search: metabuscador de imaxes e outros arquivos multimedia con licenza Creative Commons ; permite a busca simultánea en Europeana, Flickr, Fotopedia, Google Images, Open Clip Art Library, SpinXpress, Wikimedia Commons, Pixabay, ccMixter e SoundCloud, de contidos coas licenzas máis amplas: CC BY ou CC0 (dominio público).

Flickr: sitio web que permite organizar, buscar e compartir fotografías ou vídeos en liña, a través de Internet. Conta cunha comunidade de usuarios que comparten fotografías e vídeos creados por eles mesmos; réxese por normas de comportamento e condicións de uso que favorecen a boa xestión dos contidos.

Getty's Open Content Program: proxecto do J. Paul Getty Trust que facilita o uso libre de 87.000 imaxes das súas coleccións ou de dominio público.

Metropolitan Museum of Art, The Collection Online: base de datos que ofrece acceso a 137.446 obxectos dixitais.

The Public Domain Project: miles de arquivos históricos multimedia de dominio público achegados por Pond5.

Vimeo: rede que permite compartir e almacenar vídeos dixitais para que os usuarios comenten na páxina de cada un deles

Wikimedia Commons: repositorio de arquivos multimedia creado pola Wikimedia Foundation con máis de vinte millóns de obxectos dixitais (imágenes, rexistros de sonido e de vídeo) con licenzas libres ou no dominio público.