Goberno Aberto

Open Government

Abertos.xunta.es: Portal Open Data da Xunta de Galicia.

Access Info Europe: organización de dereitos humanos sen ánimo de lucro e con sede en España, dedicada á promoción e protección do dereito de acceso á información en Europa como ferramenta para a defensa das libertades civís e dos derechos humanos, para facilitar a participación pública na toma de decisións e para exixir contas (accountability) os gobernos.

Datos.gob.es: Portal de datos abertos nacido en 2011 baixo o marco das accións do Proxecto Aporta.

Deliberative Democracy Consortium (DDC): rede de profesionais e investigadores que representan a máis de 50 organizacións e universidades, e que traballan para fortalecer o campo da democracia deliberativa. O DDC ten por obxecto apoiar as actividades de investigación e a súa posta en práctica en todos os niveis de goberno, en Estados Unidos e no resto do mundo.

Open Government Initiative: Iniciativa de Barack Obama para a creación dun nivel sen precedentes de apertura no Goberno, para asegurar a confianza do público e establecer un sistema de transparencia, participación pública e colaboración, o que promoverá a eficiencia e a eficacia no Goberno.

Open Government Partnership: Plataforma internacional creada en 2011 e actualmente integrada por 64 países -España entre eles-, nos que Administración e sociedade civil, no marco de plans nacionais de acción, traballan conxuntamente no desenvolvemento de reformas.

Portal de datos abertos da Unión Europea: Punto de acceso único á gran variedade de datos elaborados polas institucións e outros organismos da Unión Europea.

Transparencia.gob.es: Portal da Transparencia do Goberno de España, previsto no artigo 10 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno.

Transparency International (TI): ONG internacional fundada en 1993 e con sede en Berlín, dedicada a combater a corrupción. Publica anualmente o Índice de Percepción de Corrupción e o Global Corruption Barometer. Conta con máis de 100 capítulos, entre eles Transparencia Internacional España.