Educación aberta

Definición e principios:

"A educación aberta abarca recursos, ferramentas e prácticas que están libres de barreiras legais, técnicos e financeiros, que poden utilizarse e compartirse, e adaptadas na contorna dixital. A educación aberta maximiza o poder de Internet para que a educación sexa máis alcanzable, accesible e eficaz."

Institucións:

Open Education Consortium: rede global de institucións de ensino, individuos e organizacións que apoian un enfoque á educación baseada na apertura, incluíndo a colaboración, innovación e desenvolvemento colectivo e uso de materiais educativos abertos.

Open Education Europa: portal lanzado pola Comisión Europea como parte da iniciativa Opening Up Education co obxectivo de proporcionar aos usuarios un único portal cos recursos educativos abertos de Europa. 

Recursos educativos abertos

OpenCourseWare (OCW)

Publicación aberta de materiais docentes de nivel universitario. Eses materiais organízanse como cursos, e a miúdo inclúen materiais de planificación do curso e ferramentas de avaliación á parte de contido temático.

  • MIT OpenCourseWare: ofrece en aberto o material docente que os profesores do Massachusetts Institute of Technology (MIT) utilizan nas ensinanzas xunto cunha guía de estudo.
  • OpenCourseWare Consortium: é unha comunidade mundial de centos de institucións de educación superior e organizacións asociadas comprometidas coa promoción da educación aberta e o seu impacto na educación global
  • UNED Abierta: plataforma que aglutina os recursos educativos abertos da UNED, e que permite o acceso aos mesmos de forma sinxela e clasificada por tipos de contido.
  • Universia OpenCourseWare: recursos docentes de universidades, dixitais e en aberto, estruturados por materias.
  • UOC OpenCourseWare: sitio web mediante o cal a Universitat Oberta de Catalunya pon a disposición da comunidade os seus materiais docentes distribuído baixo unha licenza libre (Creative Commons, GNU, etc.)

MOOC

Acrónimo en inglés de Massive Online Open Courses (ou cursos online masivos e abertos)

Novos tipos:
  • cMOOC: curso baseado nos principios da pedagoxía conectivista, nos que as relacións están menos estruturadas e o alumnado é o protagonista
  • xMOOC: cursos cunha aproximación conductista nos que o profesor é a figura central da aprendizaxe
  • COOC: Corporate Open Online Courses
  • SPOC: versión dun MOOC restrinxida aos alumnos dun campus
Plataformas de cursos
  • Coursera: é a maior plataforma de cursos MOOC. Fundada polos profesores de Stanford Andrew Ng e Daphne Koller en outubro de 2011, conta en 2016 con 17.892.502 inscritos nalgún dos seus 1.806 cursos impartidos por 138 universidades e outras institucións (Banco Mundial, MoMA, National Geographic) de 28 países.
  • EdX, fundada por a Universidade de Harvard e o MIT. Ten máis de 5 millóns de alumnos inscritos en 872 cursos de 90 universidades e institucións. Dende 2015 inclúe cursos para estudantes de secundaria.
  • Udacity, con máis de 4 millóns de usuarios rexistrados en 128 cursos, principalmente de informática. Actualmente, a maioría dos seus cursos forman parte dos chamados nanodregrees resultado da colaboración con grandes empresas como Google, Microsoft, Autodesk, Wolfram Research, AT&T e Facebook.
  • Khan Academy: organización educativa sen ánimo de lucro creada en 2006 por Salman Khan. Coa misión de "proporcionar unha educación de nivel mundial para calquera persoa, en calquera lugar", contén más de 4.300 vídeos dirixidos a escolares de ensino primario e secundario sobre ciencias.
  • Miriada X é a principal plataforma de cursos MOOC de España e Latinoamérica. Ten 1.500.000 alumnos en 338 cursos de 64 universidades.
  • Future Learn: compañía con ánimo de lucro propiedade da Open University, que conta coa colaboración de 85 institucións de todo o mundo. Máis de 3 millóns de estudantes inscribíronse nun dos seus 247 cursos.
Buscadores de MOOCs
  • Class Central: directorio de cursos gratuítos en liña e MOOCs, que recolecta das plataformas de cursos, agrupados por disciplinas
  • CourseBuffet: catálogo de cursos para aprendizaxe online. Organiza o contido por popularidade, valoración, materia, universidade e máis. Inclúe pequenos provedores e universidades, que tamén teñen contido didáctico valioso.
  • Mooc.es: buscador de cursos en español
  • MOOC-List: sitio que lista tódalas ofertas de provedores de cursos.
  • Moocse.com: buscador de cursos gratuítos en liña das mellores universidades como Stanford, MIT, Harvard, etc., ofrecidos vía Coursera, Udacity, edX, Venture Lab e outros.
  • Universidade aberta

    A Declaración de Wheeler para unha universidade aberta a define como "aquela na que:

    • a investigación que a universidade realiza está en acceso aberto.
    • os materiais dos cursos son recursos educativos abertos (RAE).
    • a universidade adopta o software libre e estándares abertos.
    • se a universidade ten patentes, rápidamente as licencia como software libre, medicamentos esenciais e ben público.
    • a rede da universidade reflicte a natureza aberta de Internet."  

    The Open University: "An Open Research University: embedding public engagement within the research culture of the OU"

    Hacia una universidad abierta: recomendaciones para el SUE: documento do subgrupo de Goberno Aberto do grupo de Análise, Planificación e Goberno das TI da Sectorial TIC da CRUE, que establece un concepto de universidad aberta distinto, máis enfocado en cuestiones de datos e goberno abertos.