Ciencia aberta

Open Science

Center for Open Science (COS): organización tecnolóxica sen ánimo de lucro coa misión de "incrementar a apertura, integridade e reproducibilidade da investigación científica". Foi fundada en 2013 en Charlottesville despois da implementación e uso do Open Science Framework. A organización empezó traballando na reproducibilidade da investigación en psicoloxía, dentro do Reproducibility Project.

Citizen Cyberscience Centre (CCC): Desenvolve ferramentas de código aberto para a citizen science na web e orgazina eventos para a promoción da ciencia cidadana (citizen science).

CitSci.org: ciberinfraestrutura aberta e completa para o apoio de programas de ciencia cidadana: xestión de datos e do programa, ferramentas de análise e de visualización.

Declarations in support of OA: declaracións internacionais en apoio do acceso aberto, parte do Open Access Directory.

eLIFE: publica as investigacións más recentes das Ciencias da vida e da Biomedicina.

FOSTER (Facilitate Open Science Training for European Research): plataforma de e-learning que reúne os mellores recursos formativos para que investigadores, xestores de datos, bibliotecarios, universidades e axencias de financiamento incorporen enfoques de Acceso Aberto ás súas metodoloxías de traballo. É o resultado do proxecto do mesmo nome, financiado polo 7º programa Marco da UE.

F1000 Research : Open for Science: é a plataforma de publicacion de Open Science para Ciencias da vida

Open Access Spectrum (OAS) Evaluation Tool: avalía cuantitativamente o grao de apertura das revistas académicas

OKF Open Science Working Group: é unha rede global de investigadores, bibliotecarios, estudantes, gobernantes, editores, programadores, emprendedores, activistas e cidadans que creen que a ciencia aberta é unha ciencia mellor; desenvolven proxectos, defenden a a transparencia e fomentan unha comunidade nuclear de open scientists.

Openingscience.org: web iniciada por investigadores do Alexander von Humboldt Institute for Internet and Society (HIIG) de Berlin para crear unha visión global do coñecemento actual na materia de Open Science.

Open Science Framework: software open source para a realización de proxectos que facilita a colaboración aberta na investigación científica. Desenvolvido e mantido polo Center for Open Science (COS), foi empregado como marco para o traballo no proxecto sobre reproducibilidade da investigación en psicoloxía (Reproducibility Project: Psychology). OSF soporta moitas extensións de terceiros para almacenamento: Amazon S3, Box, Dataverse, Dropbox, Figshare e Github; tamén ten a súa propia extensión de almacenaxe. Soporta Mendeley e Zotero como xestores bibliográficos.

PeerJ

Precipita: plataforma creada pola Fundación española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) e especializada en promover o financiamento colectivo da ciencia.

PKP : Public Knowledge Project é unha iniciativa de varias universidades para o desenvolvemento de software  de código aberto e a investigación para mellorar a calidade e o alcance das publicacións académicas.

Retraction Watch: blog que informa das retractacións de artigos científicos. Lanzado en 2010 polos directores editoriais Ivan Oransky e Adam Marcus, ten como obxectivo mellorar a transparencia do proceso de retractación.

Science Europe é unha asociación de organismos financiadores (Research Funding Organisations, RFO) e organizacións investigadoras (Research Performing Organisations, RPO) que ten como obxectivo fortalecer o Espazo Euopeo de Investigación (ERA).

ScienceOpen: rede de investigación e publicación para compartir e avaliar información científica. Por unha banda, agrega artigos de acceso aberto a partir dunha variedade de fontes - abrindoós para o seu comentario e discusión; por outra, publican en acceso aberto os manuscritos recibidos, que posteriormente avalían nun proceso de revisión por pares transparente.

SciStarter: sitio web que indiza proxectos de ciencia cidadana de toda a web. Permite crear unha conta e engadir un proxecto reenchendo un completo formulario. Deste xeito, o proxecto conéctase á comunidade (proxecto do día, newsletters de novos proxectos, etc.)

Social Impact Open Repository (SIOR): repositorio de acceso aberto para mostrar, compartir e almacenar o impacto social dos resultados da investigación. SIOR é o primeiro rexistro mundial aberto sobre o impacto social, unha iniciativa nada no marco do proxecto IMPACT-EV (Avaliación do impacto e os resultados das Ciencias Sociais Europeos e a investigación en Humanidades), financiada polo 7º Programa Marco da Comisión Europea e coordinada polo centro de investigación CREA da Universidade de Barcelona.

Socientize (Society as e-Infrastructure through technology, innovation and creativity): proxecto liderado polo Instituto de Investigación de Biocomputación e Física de Sistemas Complexos da Universidade de Zaragoza e con financiación europea, para coordinar a todos os axentes implicados no proceso da ciencia cidadana.

The Vienna Principles: A Vision for Scholarly Communication in the 21st Century: documento elaborado por membros do grupo de traballo “Open Access and Scholarly Communication” da Open Access Network Austria (OANA) con doce principios (Accesibilidade, Detectabilidade, Reutilización, Reproducibilidade, Transparencia, Comprensibilidade, Colaboración, Control de Calidade, Avaliación, Progreso validado, Innovación, Ben público) que representan os alicerces dun futuro sistema de comunicación científica de ciencia aberta.