Ferramentas 2.0 de apoio ao estudo

Almacenamento de datos

Dropbox: servizo de aloxamento de arquivos que ofrece almacenamento na nube, sincronización de ficheiros, nube persoal e software cliente. Permite aos usuarios crear un cartafol especial nos seus ordenadores, que se sincroniza de forma que parece ser a mesma carpeta (co mesmo contido) independentemente do ordenador que se use para velo. Os arquivos colocados neste cartafol tamén son accesibles a través da web de Dropbox e aplicacións móbiles.

Google Drive: plataforma de almacenamento de arquivos na nube e traballo colaborativo de Google. Permite non só almacenar senón tamén compartir e editar arquivos desde calquera dispositivo. Con Google Drive accédese de forma instantánea a Google Docs para editar documentos de xeito colaborativo.

OneDrive: servizo de aloxamento de arquivos que permite aos usuarios sincronizar ficheiros e despois acceder a eles desde un navegador web ou dispositivo móbil. Os usuarios poden compartir arquivos publicamente ou cos seus contactos; os arquivos compartidos publicamente non exixen unha conta de Microsoft para acceder. É parte do conxunto de servizos en liña anteriormente coñecido como Windows Live.

Blogs e wikis: editores

Google Blogger: ferramenta gratuíta de Google para a creación e publicación de weblogs. Permite compartir texto, fotos e vídeo.

Wikispaces: servizo gratuíto de aloxamento de wikis que ofrece espazos para comunidades, editor con interfaz visual e áreas de discusión para calquiera do mundo da educación: profesores, estudantes, padres, bibliotecarios, escolas e universidades, Inclúe Wikispaces Classroom (gratuíto) e Wikispaces Campus (de pago)

WordPress: sistema de xestión de contidos para a construción de sitios web, moi empregado para a creación de blogs por usuarios de nivel avanzado que buscan unha orientación máis profesional. 

Creación e busca de presentacións

Prezi: software baseado no cloud computing para a elaboración de presentacións. Distínguese pola súa interfaz gráfica con zoom, que permite aos usuarios dispoñer dunha visión máis achegada ou afastada da zona de presentación.

Slideshare é a maior comunidade liña do mundo para compartir e subir presentacións. Desde setembro de 2015 é LinkedIn SlideShare. Ofrece aos usuarios a posibilidade de subir e compartir de forma pública ou privada presentacións PowerPoint, documentos Word e Adobe PDF.

Curación de contidos

Pearltrees: sitio para gardar, organizar e compartir páxinas web, noticias, arquivos, fotos, notas, etc. Emprega unha interfaz visual moi intuitiva.

Scoop.it: servizo de curación de contidos (que facilita o descubrimento, filtrado e publicación de información acerca dun tema en particular) baseado no filtrado colaborativo e cun sistema automático de recomendacións.

Cursos 0

Cursos 0 de Química (UPV): para estudantes de ciencias interesados en repasar conceptos xerais de química, a Universitat Politècnica de València ofrece a través da plataforma edX unha serie de breves cursos sobre formulación, enlaces e estequiometría.

Curso 0 Físicas (UNED): Curso gratuíto en liña elaborado por profesorado da UNED coa idea de axudar a superar as posibles carencias de coñecementos básicos de Física coas que se poidan atopar os estudantes ao comezar determinadas titulacións, nas que a Física forma parte das materias a cursar.

Matemáticas básicas (UPTC): curso online gratuíto (MOOC) de repaso de matemáticas para novos estudantes de ciencias e enxeñarías. Da Universidade Politécnica de Cartagena, na plataforma Miríada X.

Pre-Calculus (UAB): "Curso deseñado para facilitar a entrada do estudante nos cursos de cálculo de primeiro semestre de practicamente calquera grao universitario, con especial énfase en Ciencias e Enxeñaría." MOOC da Universitat Autònoma de Barcelona na plataforma Coursera.

Marcadores sociais

Delicious: principal servizo de favoritos sociais do mundo. Permite a selección de ligazóns, que se describen e etiquetan. Un usuario, polo feito de empregar este servizo, comparte os seus recursos de forma pública, aínda que tamén pode elixir a difusión privada dos seus favoritos. Como aplicación 2.0 permite a redifusión das ligazóns seleccionadas e compartilas cun grupo de persoas.

Diigo: permite seleccionar sitios web, compartir arquivos, documentos, notas ou seleccións de textos. Mestura as redes sociais cos servizos de favoritos sociais e os servidores para compartir arquivos.

Pocket: aplicación multiplataforma para a xestión de listas de lectura de artigos de Internet. A aplicación permite que o usuario garde un artigo ou páxina web na nube para a súa lectura posterior. O artigo é enviado á lista Pocket do usuario (sincronizada con todos os seus dispositivos) para ler sen conexión. O usuario pode axustar a configuración de texto para facilitar a lectura.

Plataformas de cursos gratuítos en liña

Coursera: cursos de todo o mundo en liña e gratuítos.

EdX: plataforma de cursos online masivos e abertos (MOOCs), fundada polo MIT e a Universidade de Harvard. Máis de 70 institucións académicas ofrecen 500 cursos en liña a 5 millóns de usuarios.

Miríada X: iniciativa de Universia e Telefónica Learning Services na que participan 42 universidades españolas e latinoamericanas. Ofrece cursos online gratuítos en español.

Multimedia: buscadores

CC Search: metabuscador de imaxes e outros arquivos multimedia con licenza Creative Commons; permite a busca simultánea en Europeana, Flickr, Fotopedia, Google Images, Open Clip Art Library, SpinXpress, Wikimedia Commons, Pixabay, ccMixter e SoundCloud, de contidos coas licenzas máis amplas: CC BY ou CC0 (dominio público).

Flickr: sitio web que permite organizar, buscar e compartir fotografías ou vídeos en liña, a través de Internet. Conta cunha comunidade de usuarios que comparten fotografías e vídeos creados por eles mesmos; réxese por normas de comportamento e condicións de uso que favorecen a boa xestión dos contidos.

Vimeo: rede social de Internet baseada en vídeos, lanzada en novembro de 2004 pola compañía InterActiveCorp. O sitio permite compartir e almacenar vídeos dixitais para que os usuarios comenten na páxina de cada un deles.

Wikimedia Commons: repositorio de arquivos multimedia creado pola Wikimedia Foundation con máis de vinte millóns de obxectos dixitais (imágenes, rexistros de sonido e de vídeo) con licenzas libres ou no dominio público.

Multimedia: editores

Audacity: software gratuíto de código aberto para gravación e edición de sons.

GIMP: programa de edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits, tanto dibuxos como fotografías. É un programa libre e gratuíto. Está englobado no proxecto GNU e dispoñible baixo a Licenza pública xeral de GNU. GIMP ten ferramentas que se utilizan para o retoque e edición de imaxes, debuxo de formas libres, cambiar o tamaño, recortar, facer fotomontaxes, converter a diferentes formatos de imaxe e outras tarefas máis especializadas. Pódense tamén crear imaxes animadas en formato GIF e imaxes animadas en formato MPEG usando un plugin de animación.

Picasa: aplicación informática de Google para a edición de imaxes e ferramenta web para organizar, visualizar, editar e compartir fotografías dixitais.

Pixlr: conxunto de ferramentas avanzadas de edición e creación de imaxes. Permite traballar con capas.

Servizos de vídeoconferencia

Google Hangouts: plataforma de comunicación desenvolvida por Google, que inclúe mensaxería instantánea, vídeo chat, SMS e características VOIP. Permite conversacións de grupos mediante videoconferencia.

Skype: software que permite comunicacións de texto, voz e vídeo sobre Internet (VoIP)

Xestión de notas e axendas

Evernote: permite organizar recursos moi diversos (textos, imaxes, vídeos, páxinas web) a través de libretas donde se poden crear notas e, á parte, listas e recordatorios. Pode instalarse en diferentes dispositivos e posibilita compartir contidos con outros usuarios a través das redes sociais e do correo electrónico.

Google Calendar: ferramenta web 2.0 consistente nunha axenda virtual á que se pode acceder desde calquera lugar, de forma gratuíta. Permite aos usuarios crear eventos de forma sinxela, introducindo a descrición tras a selección do día e hora correspondente. A característica máis interesante é a súa posibilidade de xerar axendas compartidas por un grupo de persoas. Deste xeito resulta moi simple organizar reunións, ou ter presentes certos eventos institucionais ou de calquera tipo.

Xestores bibliográficos

Mendeley: xestor de referencias libre e multiplataforma (Mac, Windows e Linux) que dispón de versión local e de versión web, coa posibilidade de sincronizar as dúas automáticamente. Os seus creadores inspiráronse para facelo na web Last.fm, unha rede social de radio vía Internet para a recomendación de música con perfís persoais e estatísticas de uso.

Zotero: xestor de bibliografía gratuíto elaborado con software libre que se integra na web e que funciona como complemento ou extensión do navegador Mozilla Firefox. Para utilizalo con outro navegador, a súa versión Zotero Standalone permite a instalación como aplicación independente de Firefox.