Solicitude de novas adquisicións
O procedemento para solicitar a adquisición de novas obras poderá facelo a través deste formulario. Antes de realizar unha solicitude deberá ter en conta que:
- O formulario está dirixido aos membros da comunidade universitaria da Universidade da Coruña e ás persoas usuarias autorizadas externas.
- O material solicitado debe estar relacionado coa temática da biblioteca á que se faga a petición.
- Antes de facer unha solicitude nova, deberá comprobar o catálogo en liña da Biblioteca Universitaria. Se o material solicitado xa existe no catálogo poderá obtelo en préstamo.