Solicitude de novas adquisicións

O procedemento para solicitar a adquisición de novas obras que non sexan publicacións periódicas, en calquera soporte, poderá facelo a través deste formulario. Antes de realizar unha solicitude deberá ter en conta que:

  • O formulario está restrinxido aos membros da comunidade universitaria da Universidade da Coruña ou usuarios externos.
  • O material solicitado debe estar relacionado coa temática da biblioteca á que se faga a petición.
  • Antes de facer unha solicitude nova, deberá comprobar o catálogo en liña da Biblioteca Universitaria. Se o material solicitado xa existe no catálogo poderá obtelo en préstamo.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000