Teses de doutoramento

Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 Unported. Theses De Successionibus Ab Intestato / Philipp Hofmann ; Sebald Leudung

Documentos

-Real Decreto 534/2013, de 12 de xullo, que modifica o RD 1393/2007 e o RD 99/211

-Real Decreto 99/2011, de 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiai de doutoramento

-Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación do ensino universitario oficial

-Resolucion reitoral de 19 de novembro de 2007 pola que se establece o procedemento de homologación do título de doutor

-Recomendacións para presentación da tese de doutoramento

-Procedimento para a autorización do depósito da tese doutoral (Comité de Dirección de 25/11/2014)

-Procedimento para teses suxeitas a protección de datos (Comité de Dirección de 25/11/2014)

-Código de boas prácticas (Comisión de doutoramento de 17/07/2013)

-Recompilación normativa da Escola Internacional de Doutoramento

-Nomenclatura Internacional da Unesco para os campos de Ciencia e Tecnoloxía

 

Bases de datos

Españolas

Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes :contén teses dixitalizadas defendidas en aquelas universidades que alcanzasen convenio de colaboración coa Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Ofrece un catálogo por materias, autores e universidades.

Dialnet

E-prints UCM: arquivo institucional que recolle a investigación científica da Universidad Complutense de Madrid: artigos, libros, relatorios, teses de doutoramento, etc.

RUC. Repositorio institucional da UDC: repositorio de documentos dixitais produto da actividade ciéntífica e institucional da Universidade da Coruña.

TDX- Tesis Catalanas: catálogo das teses de doutoramento lidas nas universidades de Cataluña, a texto completo. Pódense consultar por autor, título, palabras clave e universidade. Elaborado pola Biblioteca Dixital de Cataluña.

Teseo: teses de doutoramento lidas nas universidades españolas desde 1976.

Europeas

DART-Europe E-theses Portal: DART-Europe é unha asociación de bibliotecas de investigación europeas que conta co apoio de LIBER (Ligue des Bibliothèques Européennes de Recherche); é o grupo de traballo europeo da Networked Digital Library of Theses and Dissertations (NDLTD) e ofrece un portal único para a busca de teses.

EThOS: e-theses online service (British Library): buscador de teses a texto completo.

HAL-Francophonie Afrique et Océan Indien: portal no que se poden consultar teses do mundo francófono. Ademáis, tamén ofrece artigos, comunicacións e outras publicacións académicas de interese. Mantido polo Centre pour la Communication Scientifique Directe do CNRS francés.

REDIAL: teses europeas sobre América Latina.

SUDOC: catálogo das bibliotecas universitarias francesas, recolle as teses lidas en Francia.

Tesi di laurea: recompilación de teses italianas a texto completo, dentro do Proxecto Manuzio de biblioteca virtual.

Internacionais

Portal de Tesis Latinoamericanas (Cybertesis): implementación en América Latina pola Universidade de Chile da plataforma Cybertèhses, resultado da cooperación entre a Universidade de Montreal, a Universidade de Lyon e a Universidade de Chile co apoio do Fonds Francophone de Inforoutes e da UNESCO.

Cyberthèses: é un proxecto francófono de arquivo e difusión electrónica de teses de doutoramento.

Electronic Theses & Dissertations Center (OhioLINK): teses de doutoramento electrónicas, libremente accesibles.

NDLTD (Networked Digital Library of Theses and Dissertation): proxecto de biblioteca dixital de teses, no que participan universidades e consorcios de todo o mundo. Permite buscas por autor, título, director de teses, universidade, materia. Algunhas con acceso ao texto completo en pdf.

OATD (Open Access Theses and Dissertations): Teses internacionais de libre acceso.

Open Thesis: repositorio gratuíto de teses e outros documentos académicos de todo o mundo.

Proquest Dissertations & Theses: base de datos bibliográfica de teses de doutoramento, principalmente de ámbito anglosaxón. Pódense consultar os resumos dos últimos anos e as 24 primeiras páxinas das teses de doutoramento.

 

Documentos sobre cómo facer e presentar unha tese

Bibliografía: recompilación de artigos sobre cómo escribir e presentar oralmente unha tese.

Plantilla LaTeX: permite producir con facilidade o formato dun documento de tese.