Patentes e marcas

Ornamentale cartouche met een tekst waarin op 17 juni 1647 het octrooi wordt verleend ...

Buscador Normas AENOR: Base de datos de AENOR (Asociación Española de Normalización y Certficación) de carácter referencial permite búsca dee normativa no campo da normalización e a certificación en España e no resto do mundo.

Canadian Patent Database: descrición de patentes e imaxes. Desde 1920 ata a actualidade. Realizada pola Canadian Intellectual Property Office.

Derwent Innovation Index: resumo completo dos inventos de todas as especialidades no mercado mundial: químicos, eléctricos, electrónicos e de enxeñaría mecánica. Permite aos usuarios comprender rápidamente a importancia dunha patente e a súa relación con outras patentes (desde 1980 ata 2010).

Esp@cenet: proxecto conxunto da Oficina Europea de Patentes e as oficinas nacionais dos estados membros da EPO, con participación da World Intellectual Property.

European Patent Office: páxina web da Oficina Europea de Patentes. Ofrece información, ligazóns e acceso ás bases de datos de patentes.

Global Patent Search Network: permite buscar a texto completo en múltiples coleccións internacionais de patentes (aplicacións publicadas, patentes concedidas e modelos de utilidade desde 1985 a 2002). Por agora, só ofrece documentación da Oficina Nacional de Propiedade Intelectual e Industrial (SIPO) de China.

Google Patents: motor de busca de Google que indiza patentes e aplicacións de patentes dos seguintes organismos: Deutsches Patent -und Markenamt (DPMA), Canadian Intellectual Property Office (CIPO), Oficina Nacional de Propiedade Intelectual e Industrial da República Popular Chinesa (SIPO), United States Patent and Trademark Office (USPTO), European Patent Office (EPO) e Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI)

Latipat: permite buscar nos documentos de patentes públicos de América Latina e España utilizando a plataforma Espacenet

Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) da UDC: o seu obxectivo fundamental é favorecer as relacións entre a Universidade e a empresa, promovendo a transferencia da oferta científico-técnica universitaria ao sector produtivo.

Oficina Española de Patentes e Marcas: ofrece gran cantidade de ligazóns, que permiten realizar buscas variadas. Texto completo de patentes EP, Wo e doutros países. Referencias bibliográficas de patentes de moitos países.

Organización Internacional de Normalización: ISO: ofrece información sobre normas internacionais así como unha base de datos de carácter referencial que contén a listaxe completa das normas ISO clasificadas por materias.

Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI): é unha organización internacional dedicada a fomentar o uso e a protección das obras do intelecto humano. A propiedade intelectual divídese en dúas categorías: a propiedade industrial e o dereito de autor.

Rexistro da Propiedade Intelectual: portal do Rexistro da Propiedade Intelectual de Galicia.

UAIPIT: portal da Universidade de Alicante sobre propiedade industrial e intelectual e sociedade da información. Contén documentos sobre: protección de invencións, protección de dereitos de autor, etc.

US Patent and Trademark Office (USPTO): base de datos de patentes de USA, a texto completo desde 1976.

USPTO Open Data Portal: portal de datos abertos da United States Patent and Trademark Office, creado en resposta a popularidade da súa app PatentsView. Consta de catro seccións: conxuntos de datos de patentes e marcas, visualizacións mediante o emprego deses datasets, unha comunidade of desenvolvedores e unha libraría de APIs.