Enciclopedias e dicionarios

Brockhaus Enzyklopädie

Enciclopedias

Enciclonet: enciclopedia en español, estruturada por temas, editada por Micronet. Pódese buscar por título ou por texto libre nos artigos desta. É necesario rexistrarse.

Encyclopedia.com: fai as buscas en máis de 100 enciclopedias, dicionarios e tesauros.

Enciclopedia Británica: versión en liña da enciclopedia en inglés máis antiga do mundo.

Enciclopedia Libre Universal en Español: é un proxecto para desenvolver a través de internet unha enciclopedia libre e gratuíta en español na que todos poden colaborar elaborando novos artigos ou ampliando os existentes, e participando nas actividades que preparan.

Gran Enciclopedia de España: especialízase en temas de España e analiza, con detalle e en profundidade, os múltiples aspectos que se relacionan coa historia e a cultura dos seus diversos pobos.

Infoplease: enciclopedia con moita información útil e ben presentada. Servizo gratuíto que ademáis contén tres almanaques, un atlas, unha base de datos de biografías e un dicionario.

Scholarpedia: enciclopedia de acceso aberto e revisada por pares (coñecemento introducido por comunidades de expertos).

Stanford Encyclopedia of Philosophy: investigadores en filosofía e disciplinas relacionadas de todo o mundo manteñen esta obra de referencia actualizada.

Dicionarios

AF: Acronym Finder: atopa o significado de calquera acrónimo, sigla ou abreviatura.

Biographical Dictionary: S9.com é un sistema tipo Wikipedia no que todos poden editar biografías ou crear a súa. S9 foi creada en 1997 e dende entón converteuse nun dos maiores sitios de biografías en internet.

Biography.com: recolle as historias máis interesantes sobre personas famosas. Con maís de 7.000 biografías, é a fonte dixital de historias reais de xente relevante.

Cambridge Dictionaries Online: dicionarios baseados en corpus para estudantes de inglés de todos os niveis, idóneos para a preparación dos exames de inglés de Cambridge e de IELTS.

Diccionarios de la Real Academia Española de la Lengua (RAE)Diccionario de la lengua española, Diccionario panhispánico de dudas, Diccionario esencial, Nuevo diccionario histórico e Diccionarios anteriores (1726-1996)

Dicionario da Real Academia Galega: establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. O sitio web inclúe a ortografía normalizada das palabras e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticáis, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.

Dicionário Priberam da Língua Portuguesa: dicionario de portugués contemporáneo, que comprende tanto vocabulario xeral como os termos mais comúns das principais áreas científicas e técnicas.

Dictionary of  World Biography   3ª ed. (Acceso a través de Universo Abierto)

elmundo.es-Diccionarios: dicionarios de lingua española, de sinónimos, de antónimos, español-inglés e inglés-español, español-francés e francés-español, e de medicina.

GalApps: toda a lingua galega no teu peto: aplicacións para móbiles que inclúen: ConxuGalego (conxugador do galego), DicionarioGalego (dicionario de galego) e TradutorGalego (tradutor de galego).

Onelook Dictionaries: máis de 19 millóns de palabras en máis de 1000 dicionarios en liña son indexados por este motor de busca.

Oxford English Dictionary: é considerado o máis erudito e completo dicionario da lingua inglesa, así como o principal punto de referencia para o seu estudo etimolóxico.

Recursos Integrados da Lingua Galega (RILG): recurso que permite buscas en todas as ferramentas do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo: dicionarios, corpus, bancos de datos... da lingua galega

Wikilengua: wiki para compartir información práctica, a modo de diccionario de dudas y dificultades, sobre la norma, el uso y el estilo del español.

WordReference.com: diccionarios de español, inglés, francés, portugués.

YourDictionary.com: dicionario en liña moi fácil de usar.