Bibliotecas Virtuais

Creative Commons Attribution-Share Alike 4.0 International. Interior de la Biblioteca Vasconcelos, Ciudad de México

Galegas

Biblioteca Dixital de Galicia. Pretende ofrecer, ademais da referencia bibliográfica dos impresos, a imaxe e, polo tanto o acceso ao documento dunha importante parte do patrimonio bibliográfico galego e de interese para Galicia.

Biblioteca Virtual da Real Academia Galega: dedicada a autores galegos e especializada na área das humanidades, sobre todo, nos campos da historia, folclore, literatura e lingua de Galicia.

Biblioteca Virtual Galega. Proxecto da Universidade da Coruña.

Galiciana: é a Biblioteca Dixital de Galicia impulsada pola Conselleria de cultura , Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e xestionada pola Biblioteca de Galicia, coa misión de difundir e preservar o rico patrimonio documental e bibliográfico galego.

Gallaeciae Monumenta Historica: proxecto promovido polo Consello da Cultura Galega coa colaboración de expertos na documentación histórica galega e outras institucións que contén documentos medievais de Galicia dixitalizados.

Hemeroteca Virtual da Real Academia Galega: froito dun convenio de colaboración coa Fundación Pedro Barrié de la Maza, conta con máis de 80 títulos de prensa e revistas galegas dos seculos XIX e XX.

Españolas

Association for Hispanic Classical Theater. Textos gratuítos do teatro español do Século de Ouro (comedias, entremeses, autos e máis).

Bibliomania. Proxecto de biblioteca virtual, multidisciplinar, que recolle máis 800 obras de teatro, novelas, poesía...

Biblioteca Digital del Patrimonio Iberoamericano. Proxecto da Asociación de Bibliotecas Nacionales de Iberoamérica (ABINIA) que ten como obxectivo a creación dun portal que permita o acceso desde un único punto de consulta aos recursos dixitais de todas as bibliotecas nacionais participantes: Brasil, Chile, Colombia, El Salvador, España, Panamá e Portugal.

Biblioteca Digital Dioscórides. Acceso ao fondo bibliográfico histórico da Universidade Complutense de Madrid.

Biblioteca Digital Hispánica. Libros, manuscritos, partituras, fotografías, listaxes de reprodución dixital, impresión de libros baixo demanda, etc.

Biblioteca Digital Vasca. Editada polo Departamento de Cultura do Goberno Vasco con fondo antigo (libros e manuscritos), artigos de revistas, sumarios, arquivos privados e mapas dixitalizados, etc. Recolle os fondos da Fundación Sancho el Sabio e o Parlamento Vasco.

Biblioteca Virtual de Patrimonio Bibliográfico. É un proxecto cooperativo do Ministerio de Cultura e as comunidades autónomas cuxo obxectivo é a difusión mediante facsímiles dixitales de coleccións de manuscritos e libros impresos antigos que forman parte do Patrimonio Histórico Español.

Biblioteca Virtual de Prensa Histórica. Proxecto de dixitalización cooperativa do Ministerio de Cultura e as bibliotecas públicas do Estado.

Biblioteca Virtual Joan Lluís Vives. Proxecto da Universidade de Alacante e o Institut Joan Lluís Vives. Ofrece fondos dixitalizados para o estudo e a difusión das obras escritas en lingua catalana, desde tratados médicos ata textos xurídicos e históricos, pasando por obras clásicas de literatura, anteriores ao ano 1917.

Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Iniciativa da  Universidade de Alacante e o BSCH, que intenta promover a suma de esforzos e proxectos de outras universidades, institucións e empresas españolas, latinoamericanas, etc. interesadas polo coñecemento, estudo e difusión da lingua española.

BVS: Biblioteca Virtual en Salud: a Organización Panamericana da Saúde da Organización Mundial da Saúde (OPS/OMS) comprométese a partir de 1998 a desenvolver a Biblioteca Virtual en Salud (BVS) como unha resposta integradora ao desafío de ofrecer desde Internet unha información científica de calidade garantida. BVS integra as BVS nacionais e temáticas de España, Portugal e os países iberoamericanos.

CER.ES (Coleccións en Rede) é un catálogo colectivo en liña, que reúne información e imaxes dunha importante selección dos bens culturais que forman as coleccións de tódolos museos integrantes da Rede Dixital de Coleccións de Museos de España. Publica máis de 235.000 bens culturais e máis de 427.000 imaxes, pertencentes a 80 museos. CER.ES permite realizar búsquedas xerais e avanzadas en tódolos museos o nunha selección realizada polo usuario. É posible consultar no catálogo de cada un dos museos ou nunha ou varias agrupacións por tipoloxía de museo, localización xeográfica ou titularidade.

Hemeroteca Dixital da Biblioteca Nacional de España: proporciona acceso á colección dixital das revistas e prensa histórica española que alberga a Biblioteca Nacional de España.

Hispana. Reúne material de diversas institucións dentro de España, como bibliotecas rexionais, arquivos de universidade, etc.

Europeas

ABU: La Bibliothéque Universelle. Textos íntegros dixitalizados, de dominio público francófono, desde 1993.

Biblioteca Nacional Digital (BND). Integrada na infraestrutura xeral de servizos da Biblioteca Nacional de Portugal, ofrece en linha e de forma gratuíta cerca de 25.000 documentos.

Bodleian Library: Browse images of manuscripts. Biblioteca virtual con acceso ao texto completo de manuscritos desde o século IX ao XVII e imaxes de manuscritos desde o século VIII ao XIX (University of Oxford).

British Library. Ademais de libros dixitalizados, tamén inclúe contidos de blogs e outros espazos en liña.

CELT: Corpus of Electronic Texts. Recursos en liña sobre historia, literatura e cultura irlandesa.

Electronic Text Collections in Western European Literature. Páxina mantida pola Association of College and Research Libraries e a American Library Association. Ofrece un directorio de enlaces a bibliotecas virtuais de diferentes literaturas europeas distintas da inglesa.

Euro Docs. Online Sources for European History. Fontes sobre historia europea online (transcripcións seleccionadas, facsímiles e traducións).

Europeana. Proxecto de cooperación internacional de bibliotecas nacionais de varios países, para potenciar o desenvolvemento da sociedade da información e mellorar  a dispoñibilidade internacional dos recursos dixitais.

The European Library. Plataforma que ofrece acceso a 48 bibliotecas nacionais dentro de territorio europeo. Inclúe publicacións en 35 linguas.

Gallica: bibliothéque numérique de la Bibliothèque nationale de France: biblioteca virtual da Biblioteca Nacional de Francia para mellorar o acceso aos seus recursos.

Humanities Digital Library: plataforma de acceso aberto para libros académicos. Inclúe monografías en historia, dereito e clásicos.

The Latin Library. Colección de textos latinos organizados por autores.

Liber Floridus. Dixitalización de manuscritos medievais conservados nas bibliotecas de ensinanza superior de Francia.

Liber Liber. Mediateca gratuíta en italiano. Contén: libros, audiolibros, música, vídeos, etc.

Michael: Multilingual Inventory of Cultural Heritage in Europe. Localiza e examina as coleccións dixitais procedentes de museos, arquivos, bibliotecas e demais institucións culturais europeas.

Perseus Digital Library. Pódense atopar máis de 300 textos de autores grecolatinos, traducidos ao inglés, así como outros documentos de interese arqueolóxico e iconográfico, ademais de obras de referencia para o estudo destes temas. Realizado polo Departamento of Classics da Tufts University.

The Complete Works of William Shakespeare.

Mundiais

Athena: Literature, Arts and Sciences. Contén aproximadamente 10.000 ligazóns multilingües a libros sobre filosofía, ciencia, historia, economía, literatura, etc.

Bartleby.com. Libros dixitalizados, en inglés.

Biblioteca Digital Mundial (World Digital Library). Biblioteca dixital internacional creada pola Biblioteca do Congreso de Estados Unidos e a UNESCO. Os seus obxectivos son promover o entendemento internacional e intercultural; aumentar o volumen e a variedade dos contidos culturais en Internet; proporcionar recursos a educadores, académicos e público en xeral; e acadar, coa participación de institucións de diversos países, a redución da fosa dixital tanto entre países como entre a poboación de cada un deles. O material dispoñible inclúe manuscritos, mapas, libros raros, partituras musicais, grabacións, películas, fotografías, documentos de arquitectura, así como outros materiais culturais.

Biblioteca Digital Vérsila. A plataforma é integrante do consorcio internacional Open Archive Iniciative. Foi inagurada en novembro de 2015. Ten millóns de items dixitais, compostos case exclusivamente de textos completos e gratúitos.

Biblioteca Virtual WWW: o catálogo máis antigo da Web, iniciado por Tim Berners-Lee e mantido polos voluntarios do Council of the VL, organiza nunha estrutura de directorio as ligazóns clave seleccionadas por expertos. Aínda que non é o maior índice da Web, as súas páxinas son recoñecidas entre as mellores guías de seccións concretas da WWW.

Bibliotheca Augustana. Coleccións de textos electrónicos latinos, gregos, xermánicos, ingleses, franceses e italianos, desde o século VII a. de C. ata o XX

Dirección General de Bibliotecas (DGB) da Secretaría de Cultura de México: anteriormente integrada no Consejo Nacional para la Cultura y las Artes (Conaculta), acolle no seu sitio web as seguintes bibliotecas virtuais: a Biblioteca Digital, a Biblioteca Conaculta, a Colección SEP de libros electrónicos e a Colección de libros da Coordinación Nacional de Difusión do Instituto Nacional de Antropología e Historia

Conaculta. Proxecto orixinal de México que reúne diversos libros dixitalizados de diversas bibliotecas do país.

Digital Collections at Columbia. Colección digital de la Biblioteca Universitaria de Columbia

Digital Public Library of America (DPLA): portal de acceso único as coleccións dixitais de EE.UU, froito dun esforzo colaborativo de bibliotecas e institucións do país.

eLibraryUSA. Biblioteca virtual con acceso a millones de publicaciones, artículos especializados, libros digitales, audio, vídeo y recursos

EServer Books Collection. Acceso ao texto completo de libros dixitalizados polo English Server.

Google Books. A plataforma de libros do buscador dispón de máis de 20 millóns de libros escaneados, en diversos idiomas e de todos os xéneros.

Internet Archive. Arquivo cos cambios de aspecto de millóns de páxinas web desde 1996 ata fai uns poucos meses.

LibriVox: biblioteca virtual de audiolibros que pertencen ó dominio público.

Open Humanities Press: iniciativa internacional de publicación en acceso aberto no eido das humanidades, que se especializa en teoría crítica e cultural.

Open Library of Humanities (OLH): plataforma para as humanidades de acceso aberto con revisión por pares liderada por académicos e con apoio internacional.

Project Gutenberg. Acceso a obras literarias clásicas inglesas a texto completo anteriores a 1923.

The Avalon Project. Textos de dereito, diplomacia e historia. Realizado na Yale Law School.

World Library of Science: Proxecto conxunto da UNESCO e Nature, é unha biblioteca dixital e tamén unha plataforma de e-learning que ofrece recursos educativos abertos de física, química e bioloxía a estudantes universitarios e de secundaria de todo o mundo.

Libros académicos en acceso aberto

De Gruyter Open (Books)

DOAB, directory of open access books

Deusto Open Books (Universidade de Deusto)

Hathi Trust Digital library: é un repositorio de preservación dixital e plataforma de acceso as publicacións. Taballa no contido dos dereitos de autor

InTech: editor de libros en acceso aberto. As materias que abrangue son as ciencias, tecnoloxía e medicina.

Knowledge Unlatched: creación dun consorcio bibliotecario para a disponibilidade en aberto dos libros electrónicos.

Libros CSIC, edición electrónica: libros electrónicos gratuítos da editorial CSIC.

Luminos: novo programa da University of California Press para a edición de monografías en acceso aberto.

OAPEN, biblioteca en liña e plataforma de publicación: dá acceso libre a libros académicos, principalmente na área de humanidades e ciencias sociais.

Open Access Monographs: a súa finalidade é a creación dun consorcio bibliotecario para a disponiblidade en aberto dos libros electrónicos.

OpenEdition Books: plataforma de libros en ciencias sociais e humanidades, dos que máis da metade son de acceso libre.

Open Educational Resource 2017 Textbook List: recompilación realizada por Zachariah Claybaugh e Chelsea Stone de libros académicos en aberto agrupados en diferentes disciplinas.

Open Humanity Press (Books)

OpenLibra: biblioteca composta por libros tecnicos baixo licenzas libres listos para descarga directa ou para a súa lectura online.

Open Library: biblioteca en liña; proxecto wiki de Internet Archive, patrocinado parcialmente por unha bolsa da California State Library, co obxetivo de ter “unha páxina web por cada libro publicado”. Actualmente conta con máis 13 millóns de rexistros e un millón de libros electrónicos dispoñibles.

Public Knowledge Project: desenvolveu o proxecto Open Monograph Press (OMP), plataforma con software de código aberto para a xestión do fluxo de traballo editorial inherente ás publicacións académicas e concretamente ás monografías. A finalidade deste programa é alcanzar un impacto na reducción dos costes asociados á publicación de monografías académicas, fomentando a súa incorporación e libre acceso dende a web.

Routledge Books Open Access

SciELO libros

SpringerOpen books

University of California Press E-books Collection, 1982-2004