Metodoloxía, lóxica, matemáticas e física

Cabecera Lógica

Académie Internationale de Philosophie des Sciences (AIPS): ten como obxectivo a tentativa de síntese das cuestións esenciais da filosofía da ciencia, dun modo interdisciplinario, máis alá de cualquera tipo de división (opcións nacionais, lingüísticas, institucionais, filosóficas), a través da organización de seminarios periódicos.

Benoit B. Mandelbrot: sitio web biográfico do matemático creador da Xeometría Fractal.

Einstein Archives Online: sitio web que prové acceso en liña aos manuscritos cieníficos e non científicos conservados nos Albert Einstein Archives da Hebrew University of Jerusalem. Tamén ofrece acceso á Einstein Archive Database.

EpistemeLinks contén máis de 19,000 ligazóns clasificados a recursos de filosofía en Internet.

Guide to Philosophy on the Internet: Portal desenvolvido por Peter Suber, con enlaces a recursos de Filosofía dispoñibles na web. Inclúe seccións por países.

Halton C. Arp: sitio web oficial do astrofísico Halton C. Arp coa publicación en liña dos seus traballos científicos.

The Internet Encyclopedia of Philosophy: enciclopedia de filosofía, en inglés. Permite busca alfabética ou por tesauro. Ofrece tamén unha colección a texto completo de textos relevantes de filosofía. Clasificación cronolóxica da filosofía occidental, dende os gregos ata a actualidade.

Itmati, Instituto Tecnológico de Matemática Industrial: extensión da rede Math-In, é un instituto que nace coa intención de proporcionar axuda a problemas empresariais; ofrecen contratos de investigación cada pouco tempo.

Math-In: rede para a colaboración entre matemáticas e industria, de origen galego (Santiago de Compostela); ofrece información sobre congresos, ofertas de traballo...

Real Sociedad de Matemática Española: é a web matemática más coñecida do noso país, con información de congresos, becas, empregos...

Real Sociedad Española de Física: sociedade científica fundada en 1903 para axudar en todo o territorio nacional ao desenvolvemento e á divulgación desta disciplina, tanto no seu aspecto de Ciencia pura como nas súas aplicacións.

Richard Dawkins Foundation for Reason and Science (RDFRS ou RDF): organización sen ánimo de lucro fundada polo biólogo británico Richard Dawkins en 2006 para promover a educación científica e o secularismo.

SIAM Journal on Scientific Computing: revista sobre computación matemática e métodos numéricos, entre otros. Útil para matemáticos e informáticos.

Sociedad de Lógica, Metodología y Filosofía de la Ciencia en España: asociación sen ánimo de lucro para o fomento, a divulgación e a promoción dos estudos e investigacións en Lóxica, Metodoloxía da Ciencia, Filosofía da Ciencia e as súas disciplinas afíns.

Sociedad Española de Matemática Aplicada (SEMA): especializada en matemáticas aplicadas ao mundo que nos rodea (física, enxeñería, bioloxía, informática...)

Stanford Encyclopedia of Philosophy: investigadores en filosofía e disciplinas relacionadas de todo o mundo manteñen esta obra de referencia actualizada.

Wittgenstein Archives at the University of Bergen (WAB): sitio web que ten como obxectivo principal ofrecer o acceso ás obras completas dixitalizadas de Ludwig Wittgenstein (1889-1951). Tamén informa dos seus proxectos e informes, e de seminarios e conferencias sobre Wittgenstein. Wittgenstein Source ofrece acceso aberto ás fontes primarias.