Credit: Wellcome Library, London. Photograph of Dr J. A. Rivere standing in D'Arsonval's phototherapeutic and thermo-therapeutic apparatus.

Bases de datos gratuítas

Enfispo: artigos dunha selección de revistas en español que se reciben na Biblioteca da Escola de Enfermaría, Fisioterapia e Podoloxía da Universidade Complutense de Madrid.

Epistemonikos: distintos tipos de artigos, usando a metodoloxía da "medicina basada na evidencia", para guiar a unha información máis fiable.

Ibecs: índice bibliográfico español de ciencias da saúde. Inclúe contidos de publicacións periódicas de diferentes campos de ciencias da saúde, como medicina (saúde pública, epidemioloxía e administración sanitaria), farmacia, veterinaria, odontoloxía e enfermaría.

JBI COnNECT+: (Clinical Online Network of Evidence for Care and Therapeutics - Red clínica de evidencia online sobre cuidados) é unha plataforma informática elaborada polo Instituto Joana Briggs, que proporciona aos usuarios unha serie de recursos e ferramentas para buscar, valorar críticamente e resumir a evidencia dispoñible; integrala, utilizala na práctica clínica e avaliar o impacto da súa utilización. JBI COnNECT + está deseñado para facilitar aos servizos de saúde, aos seus profesionais e aos usuarios habilidades e recursos que melloren os coidados.

Lilacs: base de datos pertencente á rede da Biblioteca Virtual en Salud, contén literatura latinoamericana de ciencias da sáude. Artigos, teses, libros, congresos, informes técnicos, gobernamentais...

Medes: referencias bibliográficas de artigosde revistas españolas de medicina e farmacia. Pódense crear alertas bibliográficas.

PEDro: base de datos gratuíta sobre fisioterapia baseada na evidencia. Contén ensaios aleatorios controlados, revisións sistemáticas e guías de práctica clínica de fisioterapia.

PubMed: proxecto desenvolvido polo National Center for Biotechonology Information (NCBI) da National Library of Medicine (NLM). Permite o acceso a bases de datos bibliográficas compiladas pola NLM: MEDLINE, PreMEDLINE. Ver tamén Europe PubMed Central.

Trip: ferramenta para usar e atopar probas clinicas.

Catálogos

Biblioteca Nacional de Ciencias de la Salud (Instituto de Salud Carlos III)

NLM Catalog (National Library of Medicine of USA)

WHOLIS (World Health Organization): base de datos que prové acceso á información bibliográfica, resumos ou texto completo.

Congresos, simposios

congresos-medicos.com: portal que publica gratuítamente as reseñas de milleiros de congresos, simposios, cursos e outros eventos de interese sanitario.

JAMA Network Medical Meetings: listaxe de eventos vindeiros, incluíndo conferencias, seminarios, workshops e cursos sobre ciencias da saúde.

Global Events List de Elsevier

Enciclopedias, dicionarios

EMC (Encyclopédie medico-chirurgicale): enciclopedia de referencia para estudantes e profesionais das especialidades médicas e paramédicas.

MediLexicon: contén motores de busca, noticias e recursos (dicionarios, listaxe de abreviaturas) para médicos, paramédicos e farmaceuticos.

Vademecum: de medicamentos, sustancias, principios activos, dopaxe, interaccións, equivalencias internacionais e laboratorios farmacéuticos de España.

Visión Médica Virtual: ferramenta en liña para axudar ao estudo, comprensión e presentación da anatomía humana a través dun atlas en tres dimensións interactivo e de alto rigor científico. Vai dirixido a estudantes, docentes e a todos os profesionais da saúde.

Visual Medical Dictionary: motor de busca (con opción de autocompletado) de enfermidades, medicamentos e técnicas terapéuticas; mostra o termo buscado dentro dunha árbore conceptual ou tesauro, e crea un grafo interactivo de medicamentos, enfermidades e terapias relacionadas.

Institucións, organismos, asociacións

Asociación Española de Fisioterapeutas (AEF)

Sociedad Española de Fisioterapia y Dolor (SEFID)

Colexio oficial de fisioterapeutas de Galicia

American Academy of Physical Medicine and rehabilitation

American Physical Therapy Association

Asociación Española de Terapeutas Formados en el Concepto Bobath

Association of Applied Phychophysiology and Biofeedback

Instituto de Salud Carlos III

Servicio Galego de Saúde

Sociedad Española de Fisioterapia en Pediatría

World Confederation of Physical Therapy (WCPT)

Portais temáticos

Disability.gov: sitio web do goberno federal da EE.UU. para obter información sobre programas de discapacidade e servizos a nivel nacional.

eFisioterapia.net: sitio web de fisioterapia, con artigos, cursos, emprego, foros, clínicas e fisioterapeutas.

Fisaude: portal con dúas vertentes: unha parte informativa dirixida tanto a usuarios como a profesionais con artigos, fotos, vídeos de temáticas da saúde como fisioterapia, podoloxía, psicoloxía, terapia ocupacional, etc.; e unha tenda online dirixida a profesionais e dedicada a venda de máis de 30.000 produtos da saúde en ramas como a fisioterapia, estética, podoloxía, medicina tradicional chinesa, etc.

FisioNET: portal de fisioterapia en internet, con novas, foros, anuncios e información sobre cursos.

Fisterra.com: ferramenta de información médica; contén 553 guías clínicas, 318 algoritmos, 571 imaxes, unha base de datos de medicamentos e interaccións e axuda en consulta.

guiasalud.es (Biblioteca de Guías de Práctica Clínica do Sistema Nacional de Saúde): organismo do Sistema Nacional de Saúde (SNS) no que participan as 17 Comunidades Autónomas, creado en 2002 e adoptado en 2003 polo Consello Interterritorial como instrumento para mellorar a calidade da atención sanitaria no SNS.

PhysicalTherapist.com: portal sobre fisioterapia con novas, foros de discusión, artigos, etc.

Revistas-e

Archives of Physical Medicine and Rehabilitation: revista de fisioterapia e rehabilitación.

Revista Brasileira de Fisioterapia (BJPT Brazilian Journal of Physical Therapy)

BioMed Central: editor de 277 revistas de acceso aberto de ciencia, tecnoloxía e medicina. Inclúe títulos xerais xunto con revistas especializadas. Alberga a plataforma SpringerOpen.

British Medical Journals: contén artigos orixinais de investigación, revisións, artigos educativos, análises dos factores económicos, políticos, sociais e científicos que afectan á saúde.

Free Medical journals: máis de 3600 revistas de ciencias da saúde e bioloxía.

PLOS Medicine: PLOS (Public Library of Science) é unha organización sen fins de lucro fundada para editar e acelerar o progreso na ciencia e a medicina e para liderar unha transformación na comunicación da investigación.

PubMed Central: proxecto desenvolvido polo Instituto Nacional de Saúde (NIH) da Biblioteca Nacional de Medicina (NLM) dos EE.UU. Arquivo a texto completo e gratuíto de revistas de ciencias biomédicas e da vida.

SciELO España: biblioteca virtual formada por unha colección de revistas científicas españolas de ciencias da saúde seleccionadas de acordo a uns criterios de calidade preestablecidos. O proxecto SciELO é o resultado da cooperación entre BIREME (Centro Latinoamericano e do Caribe de información en Ciencias da Saúde) e FAPESP (Fundação de Amparo à Pescuda do Estado de São Paulo). En España está a ser desenvolvido pola Biblioteca Nacional de Ciencias da Saúde, grazas ao acordo de colaboración establecido na OPS/OMS e o Instituto de Saúde Carlos III.

ScienceDirect