Digital image courtesy of the Getty's Open Content Program. Allegories of Wisdom and Diligence

Bases de datos gratuítas

Bibliotècnica: a biblioteca dixital da UPC: recursos web de interese politécnico. Permite buscas por materia, título, URL, etc. Inclúe unha breve descrición da páxina analizada. Elaborada polo Servizo de Biblioteca da UPC.

Depósito Traballos Fin de Carreira (UPC): proxectos e traballos de fin de carreira, teses e memorias de licenciatura das distintas escolas e facultades da UPC.

ETDEWEB: documentos a texto completo sobre enerxía, combustibles fósiles, ciencias ambientais, residuos, etc. O seu uso é gratuíto, permite rexistrarse.

Congresos

DISEVEN: base de datos elaborada polo Centro Informático Científico de Andalucía (CICA) de información de eventos de interese académico e científico: congresos, xornadas, seminarios, conferencias, ponencias, cursos, charlas, simposiums, etc.

E-prints

e-Print arXiv: inclúe título, autor, resumo, palabras clave e a publicación en que se editará, nalgúns casos tamén inclúe a filiación do autor e o seu enderezo electrónico. Páxina de Los Álamos National Laboratory.

CERN Document Server: páxina da European Organisation for Nuclear Research sobre física de partículas. Contén preprints, artigos, libros, revistas, etc.

 

Institucións, organismos, asociacións

American Society of Materials International (ASM): páxina da Sociedade con novas, eventos, cursos, etc.

ASHRAE: American Society of Heating, Refrigerating and Air-Conditioning Engineers: sociedade internacional técnica dedicada a mellorar a calidade de vida a través dos avances tecnolóxicos relacionados á calefacción, refrixeración, aire acondicionado e ventilación.

ASME: American Society of Mechanical Engineers: asociación de profesionales centrada en cuestións técnicas, de educación e de investigación no eido da enxeñaría. Elaborou un código, empregado en todo o mundo, de deseño, construción, probas para equipos como caldeiras e recipientes suxeitos a presión, o Boiler Pressure Vessel Code (BPVC).

Asociación Española de Ingeniería de Proyectos (AEIPRO): páxina da asociación, que inclúe unha selección de ligazóns.

Association for Consultancy and Engineering (ACE): fundada hai 80 anos co nome de Association of Consulting Engineers. Representa os intereses comerciais dos seus membros e a industria de consultoría e enxeñaría no Reino Unido. É a asociación empresarial líder neste sector, cunhas 600 empresas.

ASTM: páxina da American Society for Testing and Materials con normas, publicacións e novas.

Consejo General de Colegios Oficiales de Ingenieros Industriales: información xeral sobre colexios e demarcacións.

CORDIS: información sobre as iniciativas e as actividades da Unión Europea no campo I+D.

IEEE: Institute of Electrical and Electronics Engineers: asociación mundial de enxeñeiros creada en 1884 dedicada á estandarización e o desenvolvemento en áreas técnicas. É a maior asociación internacional sen ánimo de lucro formada por profesionais das novas tecnoloxías.

Instituto de la Ingeniería de España: Federación de Asociacións de Enxeñeiros, que agrupa as distintas ramas da Enxeñaría española.

Massachusetts Institute of Technology (MIT)

Normas

3GPP: The 3rd Generation Partnership Project: proxecto de colaboración realizado por distintos organismos normativos do campo das telecomunicacións cuxo obxectivo é elaborar especificacións e informes técnicos relacionados coa terceira xeración de sistemas móbiles. Dá acceso ao texto completo das especificacións e ofrece información de interese relacionada co 3G.

ANSI: American National Standard Institute: referencias de normas elaboradas por esta institución membro da Organización Internacional para la Estandarización (ISO) e da Comisión Electrotécnica Internacional (International Electrotechnical Commission, IEC). A organización tamén coordina estándares do país estadounidense con estándares internacionais, de tal modo que os produtos deste país poidan usarse en todo o mundo.

ASTM Standards: web da American Society for Testing and Materials onde poderá consultar o catálogo de normas elaboradas por esta entidade.

CEN: Comité Europeo de Normalización: normas deste organismo rexional de normalización.

Código Técnico da Edificación (CTE): o CTE establece as esixencias que deben cumprir os edificios en relación cos requisitos de seguridade e habitabilidade establecidos na Lei de Ordenación da Edificación (LOE).

Comité Europeo de Normalización Electrónica (CENELEC): organización internacional sen ánimo de lucro, que forma a European Standards Organizations (ESOs) xunto co CEN (Comité Europeo de Normalización) e o ETSI (European Telecommunications Standards Institute).

Espacenet: páxina da European Patent Office (EPO), que ofrece acceso libre a máis de 70 millóns de documentos de patentes de todo o mundo con información sobre inventos e desenvolvementos tecnolóxicos desde 1836 ata hoxe.

European Telecommunications Standards Institute (ETSI): o Instituto Europeo de Normas de Telecomunicación é o organismo europeo de normalización sobre telecomunicacións. Na súa páxina pódese consultar o catálogo de normas e permite a descarga dunha norma despois de rexistrarse. Tamén facilita ligazóns de interese no campo das telecomunicacións. As normas elaboradas por ETSI teñen que ser adoptadas sen ningunha modificación polos organismos nacionais europeos. Por tanto estas son incorporadas sistemáticamente ao catálogo de AENOR acadando a categoría de normas nacionais.

IEEE Standards Association (IEEE-SA): normas acordadas polo Institute of Electrical and Electronics Engineers.

IHS Standards Store: acceso a un amplo índice de normativa internacional, nacional e de organismos especializados de alcance internacional (ISO, ANSI, AIAA, API, ASMR, DIN, ETSI.).

ISO: International Organization for Standardization: catálogo de normas ISO.

ITU-R: acceso libre ás recomendacións do sector de Radiocomunicación da Unión Internacional de Telecomunicacións. Permite a consulta e descarga do texto completo en distintos formatos e idiomas, entre outros o español.

JEDEC: global standards for the microelectronics industry: Joint Electron Device Engineering Council elabora normas para satisfacer as diversas necesidades técnicas e de desenvolvemento da industria microelectrónica, garantir a interoperabilidade dos produtos e diminuír o tempo de saída ao mercado e os seus custes. JEDEC está acreditado por ANSI e mantén relacións con numerosos organismos de normalización de todo o mundo. Na súa web dá acceso libre a numerosas publicacións e tamén ás normas técnicas (JESD, JS, JSTD, EIA...) despois de rexistrarse.

Nato Standards: NATO Standardization Office (NSO) dá acceso libre a normas e recomendacións elaboradas por este organismo: STANAG, STANREC, AACP, AAP, AASTP, AECTP, AEDP, AEP, AJP, AOP, AQAP, ARMP, ATP, ADatP ..., en inglés e francés.

Normas NIDE: acceso ao texto completo da Normativa sobre Instalaciones Deportivas y para el Esparcimiento (NIDE) , elaborada polo Consejo Superior de Deportes. O seu obxectivo é definir as condicións reglamentarias, de planificación e de deseño que deben considerarse no proxecto e construción de instalaciones deportivas.

USPTO Patent Database: base de datos de patentes a texto completo desde 1976, da United States Patent and Trademark Office (USPTO) dos EEUU.

Portais temáticos

EELS: Engineering Electronic Library: recursos clasificados sobre enxeñería e tecnoloxía, recompilados por bibliotecas universitarias suecas de tecnoloxía. Pódense buscar por título, URL, descrición, materia e clasificación.

Gulf Publishing Company: publicacións internacionais e eventos de negocios adicados ao sector da enerxía.

Ingenta. Engineering &Technology: permite a consulta de publicacións electrónicas: sumarios de revistas, informes técnicos, pre-prints, patentes, etc.

Revistas-e

DOAJ: Technology and Engineering

Dyna: ingeniería e industria: portal da revista Dyna con novas e foros de enxeñaría, e-boletíns, recursos e traballos monográficos, etc.

E-Revistas: Ingeniería y Tecnología