Digital image courtesy of the Getty's Open Content Program. Malakoff Diggings, North Bloomfield, California

Bases de datos gratuítas

Bibliotècnica: a biblioteca dixital da UPC: recursos web de interese politécnico. Permite buscas por materia, título, URL, etc. inclúe unha breve descrición da páxina analizada. Elaborada polo Servizo de Biblioteca da UPC.

Depósito Traballos Fin de Carreira (UPC): proxectos e traballos de fin de carreira, teses e memorias de licenciatura das distintas escolas e facultades da UPC.

ETDEWEB: documentos a texto completo sobre enerxía, combustibles fósiles, ciencias ambientais, residuos, etc. O seu uso é gratuíto, permite rexistrarse.

ITC Digital Library: base de datos referencial que pretende ofrecer un punto único de acceso á produción científica no eido da informática aplicada á construción (ou construction information technology).

TRID: base de datos internacional de enxeñaría; combina os registros das seguintes bases de datos: TRB Transportation Research Information Services (TRIS) do TRB e International Transport Research Documentation (ITRD) do OECD Joint Transport Research Centre.

Catálogos

Catálogo da rede de bibliotecas do CEDEX: o fondo documental desta rede está composto por documentos de carácter técnico e científico, especializados en materias propias da enxeñaría civil (estradas, materiais, estruturas, obras hidráulicas, portos e costas, medio ambiente, xeotecnia, etc.).

Congresos

ASCE Conferences: conferencias organizadas pola American Society of Civil Engineers.

DISEVEN: base de datos elaborada polo Centro Informático Científico de Andalucía (CICA) de información de eventos de interese académico e científico: congresos, xornadas, seminarios, conferencias, ponencias, cursos, charlas, simposiums, etc.

Transportation Research Board: congresos, seminarios e xornadas sobre transportes. Axenda mantida polo Transportation Research Board.

E-prints

e-Print arXiv: inclúe título, autor, resumo, palabras clave e a publicación en que se editará, nalgúns casos tamén inclúe a filiación do autor e o seu enderezo electrónico. Páxina de Los Álamos National Laboratory.

CERN Document Server: páxina da European Organisation for Nuclear Research sobre física de partículas. Contén preprints, artigos, libros, revistas, etc.

Institucións, organismos, asociacións

American Iron and Steel Institute (AISI): asociacion dos produtores de aceiro de América do Norte (Estados Unidos, Canadá e México)

American Society of Materials International (ASM): páxina da Sociedade con novas, eventos, cursos, etc.

ASCE: American Society of Civil Engineering: web informativa das actividades internacionais desta sociedade.

Asociación Española de Ingeniería de Proyectos (AEIPRO): páxina da asociación, que inclúe unha selección de ligazóns.

Association of Asphalt Paving Technologists: web sobre tecnoloxías de pavimentación en asfalto.

Association for Consultancy and Engineering (ACE): fundada hai 80 anos co nome de Association of Consulting Engineers. Representa os intereses comerciais dos seus membros e a industria de consultoría e enxeñaría no Reino Unido. É a asociación empresarial líder neste sector, cunhas 600 empresas.

ASTM: páxina da American Society for Testing and Materials con normas, publicacións e novas.

CEDEX: Centro de Estudios y Experimentación de Obras Públicas: web institucional, informa sobre a súa organización e sobre as actividades de apoio que realiza na área da enxeñaría civil e o medio ambiente.

Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos

Colegio de Ingenieros Técnicos de Obras públicas

Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia

CORDIS: información sobre as iniciativas e as actividades da Unión Europea no campo I+D.

Fundación dos Ferrocarrís Españois: páxina das actividades culturais desta fundación, inclúe información sobre o Museo do Ferrocarril, a revista Vía Libre, a base de datos DOCFET que contén referencias bibliográficas de artigos publicados en revistas técnicas ferroviarias e ligazóns a outras páxinas do mundo do ferrocarril.

IEEE: Institute of Electrical and Electronics Engineers: asociación mundial de enxeñeiros creada en 1884 dedicada á estandarización e o desenvolvemento en áreas técnicas. É a maior asociación internacional sen ánimo de lucro formada por profesionais das novas tecnoloxías.

IIHR—Hydroscience & Engineering: instituto de investigación en enxeñaría hidráulica da Universidade de Iowa

Instituto de las Ciecias de la Construcción Eduardo Torroja: dependente do CSIC

Instituto de la Ingeniería de España: Federación de Asociacións de Enxeñeiros, que agrupa as distintas ramas da Enxeñaría española.

Instituto Geográfico Nacional (IGN): centro nacional de información xeográfica.

International Maritime Organization (IMO): organismo especializado das Nacións Unidas responsable da seguridade e protección da navegación e de previr a contaminación do mar polos buques.

International Water Association (IWA): organización que reúne persoas con profesións relacionadas coa auga para desenvolver solucións equitativas e sostibles.

Marina Mercante: páxina da Marina Mercante con información sobre seguridade marítima e contaminación, normativa, radiocomunicacións, etc.

Massachusetts Institute of Technology (MIT)

Puertos del Estado: xestiona todo tipo de información asociada ao transporte de mercadorías por mar, tren, estrada e avión. Ofrece datos estatísticos e información meteorolóxica.

RILEM: International Union of Laboratories and Experts in Construction Materials, Systems and Structures: páxina da Unión Internacional de Laboratorios e Expertos en Materiais de Construción, Sistemas e Estruturas, con novas, eventos, etc.

RINA: The Royal Institution of Naval Architect: páxina do organismo con información sobre eventos, publicacións, etc.

Normas

ANSI: American National Standard Institute: referencias de normas elaboradas por esta institución membro da Organización Internacional para la Estandarización (ISO) e da Comisión Electrotécnica Internacional (International Electrotechnical Commission, IEC). A organización tamén coordina estándares do país estadounidense con estándares internacionais, de tal modo que os produtos deste país poidan usarse en todo o mundo.

CEN: Comité Europeo de Normalización: normas deste organismo rexional de normalización.

CTE: Código Técnico de Edificación: é o marco normativoque establece as exixencias que deben cumprir os edificios en relación cos requisitos básicos de seguridade e habitabilidade

Comité Europeo de Normalización Electrónica (CENELEC): organización internacional sen ánimo de lucro, que forma a European Standards Organizations (ESOs) xunto co CEN (Comité Europeo de Normalización) e o ETSI (European Telecommunications Standards Institute).

Espacenet: páxina da European Patent Office (EPO), que ofrece acceso libre a máis de 70 millóns de documentos de patentes de todo o mundo con información sobre inventos e desenvolvementos tecnolóxicos desde 1836 ata hoxe.

IEEE Standards Association (IEEE-SA): normas acordadas polo Institute of Electrical and Electronics Engineers.

IHS Standards Store: acceso a un amplo índice de normativa internacional, nacional e de organismos especializados dealcance internacional (ISO, ANSI, AIAA, API, ASMR, DIN, ETSI.).

Instrucción de Acero Estructural: EAE : Real Decreto 751/211, de 27 de maio, polo que se aproba a " Instrucción de acero estructural EAE"  que ten como obxecto establecer os requisitos que deben cumprir as estruturas executadas en aceiro, relativas a seguridade estrutural, seguridade en caso de incendio e protección do medio ambiente

Instrucción de hormigón estructural EHE 08: Real decreto 1247/2008, de 18 de xullo, polo que se aproba a “Instrucción de hormigón estructural (EHE-08)” que ten por obxecto regular o proxecto, execución e control das estruturas de formigón, tanto en obras de edificación como de enxeñería civil, co obxecto de acadar a adecuada seguridade destas, preservando a das construccións que nela se sustentan e a dos usuarios que as utilizan.

ISO: International Organization for Standardization: catálogo de normas ISO.

Nato Standards: NATO Standardization Office (NSO) da acceso libre a normas e recomendacións elaboradas por este organismo: STANAG, STANREC, AACP, AAP, AASTP, AECTP, AEDP, AEP, AJP, AOP, AQAP, ARMP, ATP, ADatP ..., en inglés e francés.

Normas NIDE: acceso ao texto completo da Normativa sobre Instalaciones Deportivas y para el Esparcimiento (NIDE) , elaborada polo Consejo Superior de Deportes. O seu obxectivo é definir as condicións reglamentarias, de planificación e de deseño que deben considerarse no proxecto e construción de instalaciones deportivas.

Puertos del Estado: normas e recomendacións: recopilación de normas e recomendacións realizada por Puertos del Estado, Ministerio de Fomento.

ROM: recomendaciones de obras marítimas: normas e recomendacións de enxeñaría marítima e portuaria.

USPTO Patent Database: base de datos de patentes a texto completo desde 1976, da United States Patent and Trademark Office (USPTO) dos EEUU.

Portais temáticos

Carreteros.org: web que recolle lexislación e normativas da construción de estradas, pontes e camiños.

EELS: Engineering Electronic Library: recursos clasificados sobre enxeñería e tecnoloxía, recompilados por bibliotecas universitarias suecas de tecnoloxía. Pódense buscar por título, URL, descrición, materia e clasificación.

Gulf Publishing Company: publicacións internacionais e eventos de negocios adicados ao sector da enerxía.

ICARIS: é un dos principais directorios sobre enxeñaría civil, con ligazóns a recursos de información sobre esta temática.

Ingenta. Engineering &Technology: permite a consulta de publicacións electrónicas: sumarios de revistas, informes técnicos, pre-prints, patentes, etc.

Infraestructura de Datos Espaciales de España (IDEE): integra a través de Internet os datos, metadatos, servizos e información de tipo xeográfico que se producen en España, a nivel nacional, rexional e local.

Revistas-e

DOAJ: Technology and Engineering

Dyna: ingeniería e industria: portal da revista Dyna con novas e foros de enxeñaría, e-boletíns, recursos e traballos monográficos, etc.

E-Revistas: Ingeniería y Tecnología