Panel de Paulo Freire en Campinas, Sao Paulo

Bases de datos gratuítas

Compludoc: base de datos de artigos de revistas da Universidade Complutense de Madrid.

Education-Line: documentos relacionados coa educación e a formación. Pódense buscar por índice, tesauro, texto libre, autor, título e materia. Acceso ao documento a texto completo en formato html ou word.

IGE (Instituto Galego de Estatística): acceso ao banco de datos estatístico de Galicia. Ofrece estatísticas económicas, demográficas, sociolaborais, etc.

INE (Instituto Nacional de Estadística): base de datos do INE que recolle estatísticas de poboación, consumo, datos do IPC, turismo, cultura... etc.

Redined: rede estatal de bases de datos de información educativa, recolle materiais, investigacións, institucións, etc. dedicadas á innovación educativa e ciencias da educación.

Unesdoc: recolle os textos completos e rexistros bibliográficos de documentos, publicacións e revistas da UNESCO; e os rexistros bibliográficos das adquisicións da biblioteca.

Bibliotecas virtuais

Centro de Investigación MANES: biblioteca virtual de manuais escolares dos séculos XIX e XX publicados en España, América Latina e Portugal.

Institucións, organismos, asociacións

AS.PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega): ofrece documentos, xogos, boletíns, selección de webs e museo virtual.

CARE (Centre for Applied Research in Education): ofrece material para a investigación educativa.

Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG): ofrece en pdf as súas publicacións: publicacións periódicas, material divulgativo, CEESG nos medios, ...

EUCIS-LLL (The European Civil Society Platform on Lifelong learning): institución que ofrece acceso ás súas publicacións.

IARTEM (InternationalAssociation for Research on Textbooks and Educational Media): páxina da Asociación que ofrece acceso ás actas das súas conferencias.

Ministerio de Empleo y Seguridad Social: estatísticas sobre mercado de traballo, inmigración e emigración, políticas do mercado de traballo, condicións de traballo e relacións laborais, prestacións da Seguridade Social, e outra información.

Nova Escola Galega: importante asociación de ensinantes. Ofrece unha selección de documentos (normativa , DOGS...), memorias das súas actividades, grupos de traballo, citas nos xornais, e documentación histórica da asociación.

Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social: ofrece enlace a unha selección de revistas sobre pedagoxía social a texto completo.

Unesco Institute for Statistics (UIS): estatísticas comparables sobre educación, ciencia e tecnoloxía, cultura e comunicación, de máis de 200 países e territorios.

Portais temáticos

Eduso.net: dá acceso a revistas a texto completo sobre educación social, outros recursos e apartado de 'experiencias'.

IN-RECS (Índice de impacto de revistas españolas de ciencias sociais e educación): elaborado pola Universidade de Granada (Grupo de investigación EC3) é un índice bibliométrico que ofrece información estatística a partir do reconto das citas bibliográficas de máis de 100 revistas españolas de ciencias sociais para determinar a súa relevancia e impacto científico, así como dos autores que publican nestas.

Salud y Deporte: guía práctica Consumer. Interesante web sobre hábitos físicos recomendables para a práctica deportiva, con programas de exercicio físico para diferentes idades, enfermidade e deportes, alimentación e deporte, etc.