WestlawNext (substitúe a Westlaw Internacional)

Acceso

Información:

  • Materia: dereito
  • Contido: ofrece acceso directo a milleiros de bases de datos que abranguen desde temas legais, a noticias de interese e negocios de todo o mundo; ademais conta con máis de 13.000 fontes de novas internacionais, e fontes comúns a varios países de todo o mundo. Por países comprende:
    • Reino Unido: fondos desde 1267 e casos de informes xudiciais, leis, xustiza civil, propiedade intelectual, etc. desde 1865.
    • Estados Unidos: lexislación, casos desde 1658 que inclúen informes, xurisprudencia, novas de varios dos máis importantes xornais, entre outras fontes.
    • Australia: casos desde 1903, con informes lexislativos das cortes federais e leis.
    • Unión Europea: lexislación da Unión Europea desde 1952 con informes de patentes, informes sobre dereitos humanos, propiedade intelectual europea, entre outros.
    • Hong Kong: casos desde 1905 incluíndo informes de lexislación, informes sobre xustiza criminal, xornais lexislativos, e desde 2003 “Journal of Chinese and Comparative Law”
    • Canadá: casos desde 1825, informes sobre as cortes federais, ou estatutos canadienses entre outros.
  • Idioma: inglés
  • Termos de uso: a Biblioteca da UDC dispón dun número ilimitado de licenzas desta base de datos; é dicir, non hai un límite de usuarios concorrentes

Axuda:

Guía

Titorial