La Ley Digital 360

Acceso

Información:

  • Materia: dereito
  • Contido: sistema de información xurídica online, que presenta un amplísimo contido actualizado continuamente:
    • A base de datos de Xurisprudencia inclúe, ademáis de resolucións e sentenzas de tódolos Tribunais, tódalas resolucións dictadas polos Tribunais menores (TTSSJs e AAPP) dende o 1 de xuño de 1999.
    • Doctrina do Tribunal Supremo: recompilación e análise da Doctrina do Tribunal Supremo dende o ano 2000 ata a actualidade.
    • Órganos Administrativos: resolucións de Tribunais Administrativos, DGRN, DG Tributos, ICAC e unha gran selección dos órganos consultivos relevantes en cada materia.
    • A base de datos de Lexislación contén disposicións de tódolos ámbitos normativos (internacional, europeo, estatal, autonómico e foral), dispoñibles na versión vixente en cada momento, podendo consultar tamén a redacción orixinal da norma e tódalas versións intermedias dende o 1 de xaneiro de 2000.
    • Códigos: normas máis relevantes do noso ordenamento xurídico.
    • Convenios colectivos: incorpora o texto íntegro dos mesmos e as súas revisións, de tódolos sectores de actividade, de ámbito provincial e interprovincial, en vigor dende 1998 e publicados a partir de 1990.
    • Doctrina: contén, a texto completo, tódolos artigos doctrinais publicados no Diario La Ley dende 1985.
    • Formularios: modelos de escritos procesais, contratos e actos administrativos, referidos a tódalas disciplinas.
    • Diario de La Ley: decano da información xurídica en España, que tódolos días inclúe a actualidade xurídica, analizada con rigor e profundidade por un elenco de expertos.
    • Biblioteca online BOSCH: biblioteca dixital viva dispoñible en smarteca. Máis de 230 libros con centos de esquemas procesais, 1.700 formularios e miles de páxinas con prácticos comentarios.
  • Idioma: español
  • Termos de uso: esixe claves para acceder ó texto completo. Consultalas na Biblioteca da Facultade de Dereito.

Axuda:

Guía