Acceder desde fóra da UDC

Vía proxy (aspias)

O servizo de acceso a través de proxy é a outra vía que lle permite consultar a colección electrónica (revistas, libros e bases de datos) desde un ordenador non conectado á rede da UDC.

Procedemento

A) Configurar o servidor de proxy no seu navegador:

1. En Internet Explorer:
  • Conexión ADSL ou Ethernet:

- 'Herramientas' -> 'Opciones de Internet' -> 'Conexiones' -> 'Configuración LAN':
- Marcar 'Usar servidor Proxy para esta conexión'
- Enderezo: aspias.udc.es   Porto: 3128

  • Conexión de acceso telefónico a Redes:

- 'Herramientas' -> 'Opciones de Internet' -> 'Conexiones':
- En 'configuración de acceso telefónico', seleccionar o utilizado e pinchar en 'Configuración'.
- Marcar 'Usar servidor Proxy para esta conexión'
- Enderezo: aspias.udc.es   Porto: 3128

Cando remate a sesión, lembre desactivar a conexión ao servidor de proxy: marcar 'No usar servidor proxy'.

2. En Mozilla Firefox:

- 'Menú' -> 'Herramientas' -> 'Opciones':
- Seleccionar a icona 'Avanzado' -> pestana 'Red' -> botón 'Configuración'
- No cadro 'Configuración de conexión', marcar 'configuración manual de Proxy'
- Proxy HTTP: aspias.udc.es   Porto: 3128

É necesario 'Aceptar' todos os cambios e reiniciar o navegador.

Cando remate a sesión, lembre desactivar a conexión ao servidor de proxy: marcar 'No usar servidor proxy'.

3. No Google Chrome:

- 'Personaliza y configura Google Chrome' ao lado da caixa de enderezos web -> 'Configuración' -> 'Mostrar opciones avanzadas' -> Dentro de 'Red', pinchar en 'Cambiar la configuración de proxy':
- Na pestana 'Conexiones', picar en 'Configuración de LAN'
- No apartado 'Servidor proxy' marcar 'Usar un servidor proxy para la LAN'
- Proxy HTTP: aspias.udc.es   Porto: 3128

É necesario 'Aceptar' todos os cambios e reiniciar o navegador.

Cando remate a sesión, lembre desactivar a conexión ao servidor de proxy: desmarcar 'Usar un servidor proxy para la LAN'.

B) Autentificación:

Unha vez configurado o seu navegador debe identificarse introducindo o mesmo nome de usuario e o contrasinal que utiliza para acceder á súa conta do Xestor de Identidade Corporativo da UDC. Aqueles usuarios que non se deron de alta no antedito xestor poderán facelo na seguinte ligazón: https://servizos.udc.es.

Teñen acceso a este servizo o profesorado, persoal investigador, persoal de administración e servizos e o alumnado matriculado no presente curso académico.

Condicións de uso

Este servizo está dirixido soamente aos membros da comunidade universitaria da UDC.

A Biblioteca da UDC contrata recursos de información electrónicos unicamente con finalidades académicas e de investigación, polo tanto, non se permite o seu uso con finalidades lucrativas nin para o desenvolvemento de actividades profesionais alleas á Universidade. Ademais, debe facerse un uso respectuoso dos dereitos de propiedade intelectual.

Contacto

Se ten algún problema con este acceso, pode poñerse en contacto co Centro de Atención a Usuarios (CAU) no teléfono 981 167 000, ext. 2222 (en horario de 08.00 a 20.00 h), ou enviar un e-mail a cau.sic@udc.es.


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000