Cooperación

A Biblioteca da Universidade da Coruña forma parte ou colabora cos seguintes organismos:

  • CBUG: Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia no que participan as tres universidades galegas, apoiadas pola Xunta de Galicia e co soporte técnico do CESGA. Xestiona o servizo de xestión integrada da información científica BUGalicia
  • Dialnet: portal de difusión da producción científica hispan especializado en ciencias humanas e sociais.
  • FECYT (Fundación Española para la Ciencia y Tecnología): fundación pública dependente do Ministerio de Economía e Competitividade que ten como misión impulsar a ciencia e a innovación, promovendo a súa integración e o seu achegamento á sociedade, e apoiando as necesidades dos axentes do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación (SECTE).
  • LIBER (Ligue des Bibliothèques Européennes de Recherche – Association of European Research Libraries): fundación europea que agrupa bibliotecas e institucións en materia de documentación.
  • REBIUN (Red de Bibliotecas Universitarias Española): comisión sectorial da CRUE no que están representadas todas as bibliotecas universitarias e científicas españolas.