Solicitar o carné de usuario externo

Solicitude de alta

Se desexa darse de alta como usuario externo autorizado ten que cubrir a solicitude de alta.

A solicitude debe vir acompañada da fotocopia do DNI ou do pasaporte (para a renovación non é necesario).

Onde presentar a solicitude

Pode presentar a solicitude en calquera biblioteca da UDC ou no Servizo de Biblioteca Universitaria (Edif. Xoana Capdevielle, Campus de Elviña, A Coruña).

Tamén pode enviar por correo electrónico o formulario e o DNI escaneados ao seguinte enderezo:

accesodoc.bib@udc.es

Emisión da tarxeta de usuario externo

A tarxeta emítese na Sección de acceso ao documento do Servizo de Biblioteca Universitaria e desde alí enviaranlla á biblioteca onde a solicitou ou por correo postal ao seu domicilio, segundo a opción seleccionada no formulario.

Mentres non a reciba pode solicitar os préstamos presentando o DNI.

Vixencia da tarxeta e renovacións

Ten a vixencia dun ano a partir da data da emisión, polo tanto, debe renovar a tarxeta cada ano.

Para a renovación só ten que enviar novamente o formulario cuberto. Non se precisa a copia do DNI.

Condicións de préstamo

Pode levar en préstamo 3 libros durante 10 días. Máis información nas Normas de préstamo da Biblioteca Universitaria e na Guía de préstamo.