SECCIÓN DE ACCESO AO DOCUMENTO

Usuarios externos
 

1.   SOLICITUDE DE ALTA

Se desexa darse de alta como usuario externo autorizado ten que cubrir a solicitude de alta que se encontra na páxina web do Servizo da Biblioteca Universitaria:

http://www.udc.es/biblioteca/galego/Formulario_usuario_externo.pdf

A solicitude debe vir acompañada da fotocopia do DNI ou do pasaporte (para a renovación non fai falla).

2.ONDE PRESENTAR A SOLICITUDE

Pode presentar a solicitude en calquera biblioteca da UDC ou na Biblioteca Central (Edif. Xoana Capdevielle, Campus de Elviña, A Coruña).

Tamén pode enviar por correo electrónico o formulario e o DNI escaneados a seguinte dirección:

accesodoc.bib@udc.es

3. EMISIÓN DA TARXETA DE USUARIO EXTERNO

A tarxeta emítese na Biblioteca Central (Campus de Elviña) e enviarémoslla por correo postal ao seu domicilio.

Mentres non a reciba pode solicitar os préstamos presentando o DNI.

4. VIXENCIA DA TARXETA E RENOVACIÓNS

Ten a vixencia dun ano a partir da data da emisión, polo tanto, debe renovar a tarxeta cada ano.

Para a renovación so ten que enviar o formulario cuberto. Non se precisa a copia do DNI.

5. CONDICIÓNS DE PRÉSTAMO

Pode levar en préstamo 3 libros durante 10 días. Pode consultar máis información nas Normas de préstamo da Biblioteca Universitaria

 

Sección de Acceso ao Documento. Préstamo Interbibliotecario    
Telf. 981 16 70 00  ext. 5675, 5676, 5674   
Fax 981 16 70 15   

accesodoc.bib@udc.es

Volver atrás Inicio