|
TÍTULO I – DEFINICIÓN E FUNCIÓNS
Artigo 1. Definición
O Servizo de Biblioteca da Universidade da Coruña é a unidade funcional de
xestión de recursos de información que da soporte ao estudo, á docencia e á
investigación, mediante adquisición, a organización e o procesamento dos fondos
bibliográficos e documentais, co fin de poñelos a disposición dos usuarios.
Artigo 2. Integran os fondos bibliográficos e documentais do Servizo de
Biblioteca todos os libros, as publicacións periódicas e os documentos
adquiridos pola UDC con independencia do concepto orzamentario, obtidos con
financiamento exterior ou doados por persoas físicas ou xurídicas e con
independencia da súa tipoloxía documental ou do seu soporte material ou
ubicación.
Artigo 3. Funcións.
Son funcións do Servizo de Biblioteca da Universidade da Coruña:
a) Seleccionar, adquirir e organizar os recursos bibliográficos,
documentais e de información de acordo coas necesidades dos usuarios e garantir
o acceso da comunidade universitaria tanto aos recursos propios como aos
externos dispoñibles.
b) Procesar, preservar e conservar os fondos bibliográficos e documentais,
garantindo o seu control e utilización en condicións axeitadas.
c) Difundir e potenciar o uso dos recursos e servizos bibliotecarios.
d) Facilitar a formación dos membros da comunidade universitaria no uso
dos recursos e servizos
e) Velar pola formación continuada do seu personal, facilitando a súa
adaptación ás novas necesidades, aos desenvolvementos tecnolóxicos e aos cambios
de funcións e de procesos.
f) Colaborar nos procesos de creación de coñecemento na universidade,
especialmente na publicación e difusión dos resultados dos devanditos procesos.
g) Participar en redes, programas e convenios que teñan por obxecto a
mellora dos servizos bibliotecarios e o mellor aproveitamento dos recursos
Artigo 4. Para poder cumprir os seus fins e funcións, o Servizo de
Biblioteca da UDC disporá dun cadro de persoal suficiente, dunha organización
racional dos servizos, dunha infraestrutura axeitada e dun orzamento específico.
TÍTULO II - ÓRGANOS DE GOBERNO E DIRECCIÓN DO SERVIZO DE BIBLIOTECA DA UDC
Artigo 5. O Servizo de Biblioteca da Universidade realiza as súas
funcións baixo a superior dirección e a coordinación do Reitor ou, no seu caso,
Vicerreitor en quen delegue, a quen corresponde:
a) Presidir a Comisión de Biblioteca da UDC.
b) Propoñer aos órganos de goberno da Universidade as resolucións ou
disposicións que deban ser adoptadas por aqueles e que afecten á organización e
funcionamento do Servizo de Biblioteca da Universidade, e supervisar a execución
das resolucións
vixiando o cumprimento das mesmas.
c) Establecer as directrices que con carácter xeral rexirán o
funcionamento do Servizo de Biblioteca
d) Calquera outra función que o presente regulamento, outra disposición
ou órgano lle atribúan.
Artigo 6. O Xefe do Servizo de Biblioteca é o responsable da xestión e do
funcionamento do servizo. As funcións do Xefe do Servizo de Biblioteca son:
a) Propoñer a planificación estratéxica plurianual do Servizo de
Biblioteca, de acordo coas disposicións e directrices que ao efecto aproben os
órganos de goberno da Universidade.
b) Dirixir, organizar e xestionar o Servizo de Biblioteca.
c) Propoñer o cadro de persoal do Servizo de biblioteca, de acordo coas
directrices establecidas pola Xerencia.
d) Elaborar o anteproxecto de orzamento do material bibliográfico do
Servizo de Biblioteca segundo os criterios previamente establecidos pola
Comisión de Biblioteca da UDC, así como o anteproxecto de orzamento dos gastos
de funcionamento da súa competencia.
e) Elaborar a memoria anual de xestión e funcionamento da Biblioteca e
presentala á Comisión de Biblioteca da UDC.
f) Participar na elaboración e desenvolvemento dos proxectos de
instalacións e equipamento que afecten ao Servizo.
g) Representar ao Servizo de Biblioteca ante as autoridades e órganos de
goberno da Universidade e ante outras institucións, dentro das directrices que,
con carácter xeral, fixe a autoridade académica responsable do Servizo.
h) As funcións propias da secretaría da Comisión de Biblioteca da UDC.
i) Propoñer e organizar cursos de formación e perfeccionamento do persoal
adscrito ao servizo de acordo co Servizo de Persoal da Universidade.
j) Todas aquelas outras que, no ámbito da súa competencia, lle sexan
atribuidas pola autoridade académica da que depende o Servizo.
Artigo 7. A participación de todos os sectores implicados no Servizo de
Biblioteca articúlase a través dos seguintes órganos: a Comisión de Biblioteca
da UDC, a Xunta Técnica e as comisións de bibliotecas de centros ou intercentros.
Artigo 8. A Comisión de Biblioteca da UDC é o órgano colexiado que
participa na planificación, no desenvolvemento e na xestión da Biblioteca.
A Comisión de Biblioteca da UDC está composta por:
1.- Presidente: o reitor ou vicerreitor en quen delegar
2.- Vocais:
a) O xerente da Universidade
b) Sete presidentes de Comisións de bibliotecas de centros con
representación
das distintas ramas de coñecemento en que se estruturan os ensinos oficiais
universitarios, coa seguinte distribución:
1 de Artes e Humanidades
1 de Ciencias
1 de Ciencias da Saúde
2 de Ciencias Sociais e Xurídicas
2 de Enxeñaría e Arquitectura
A elección será realizada polo Consello de Goberno.
c) Catro representantes, do sector de alumnado, elixidos polo Consello de
Goberno, dos que alomenos un será de terceiro ciclo.
d) Un representante do Servizo de Informática e Comunicacións, designado polo
reitor ou vicerreitor en quen delegue.
e) Dous representantes dos directores de bibliotecas de centros e un
representante dos xefes de sección, designados por e entre os membros da Xunta
Técnica.
3.- Secretario: o Xefe do Servizo de Biblioteca, con voz e voto.
Por razón de interese ou cualificación dos temas sometidos a consideración,
poderán asistir, con voz pero sen voto, todas aquelas persoas invitadas polo
Presidente da Comisión.
A duración do mandato dos membros electos será de catro anos, agás no caso dos
estudiantes que será de dous.
A calidade de membro da Comisión de Biblioteca da UDC é indelegable no caso dos
vocais.
Artigo 9. As funcións da Comisión de Biblioteca da UDC son:
a) Aprobar a planificación estratéxica plurianual e os obxectivos anuais
do Servizo de Biblioteca presentados polo Xefe do Servizo.
b) Realizar propostas de mellora para o funcionamento dos servizos
c) Propoñer os criterios e as recomendacións xerais para a elaboración e
distribución do orzamento.
d) Informar os proxectos de novas instalacións e equipamentos
e) Aprobar as liñas xerais de desenvolvemento das coleccións do Servizo
de Biblioteca.
f) Aprobar a memoria anual do Servizo de Biblioteca.
g) Aprobar as normas que desenvolven este Regulamento.
h) Resolver calquera cuestión relacionada co servizo que lle someta a
consideración o seu presidente ou un terzo, alomenos, dos membros da Comisión.
i) Asesorar e elevar propostas en todos os asuntos que pola súa
importancia se considere necesario someter á súa consideración, e que non poidan
resolverse aplicando este Regulamento.
j) Propoñer a modificación do presente Regulamento, e velar polo seu
cumprimento.
Artigo 10. A Comisión de Biblioteca da UDC reunirase polo menos unha vez
ao ano e sempre que a convoque o seu presidente ou o solicite un terzo dos seus
membros.
Artigo 11. A Xunta Técnica funciona como un órgano consultivo de apoio e
asesoramento do Servizo de Biblioteca, e está composta polo Xefe do Servizo, que
a preside, e os directores de bibliotecas de centros e intercentros e os xefes
de sección, que actúan como vocais .
Actuará como secretario, sen voz e sen voto, un bibliotecario da Biblioteca
Central, elixido pola Xunta Técnica por un período, renovable, de dous anos.
Por razón de interese ou cualificación dos temas sometidos a consideración,
poderán asistir, con voz pero sen voto, todas aquelas persoas invitadas polo
Xefe do Servizo.
Artigo 12. Os membros da Xunta Técnica reunirase periodicamente para
tratar dos asuntos relativos as súas competencias. Reuniránse polo menos dúas
veces ao ano, e sempre que a convoque o Xefe do Servizo ou o solicite a metade
máis un dos seus membros.
Artigo 13. As funcións da Xunta Técnica son:
a) Asesorar e informar ao xefe de servizo e aos xefes de sección en todas as
cuestións técnicas e organizativas que lle solicite, unificando criterios para
un correcto funcionamento do servizo.
b) Realizar propostas sobre calquera cuestión de interese para o servizo.
c) Decidir no seu caso a formación de grupos de traballo temporais, que terán
como finalidade abordar aspectos concretos da actividade bibliotecaria. Nestes
grupos poderán estar integradas persoas das diferentes categorías profesionais
do Servizo.
Artigo 14. As comisións de bibliotecas de centros e intercentros son
órganos colexiados que permiten a participación da comunidade universitaria na
xestión da biblioteca do centro.
A Comisión de Biblioteca de Centro estará composta, alomenos, por:
1.- Presidente: o decano ou director do centro, ou persoa en quen este
delegue.
2.- O director da biblioteca do centro
3.- Vocais:
a) Seis profesores elixidos pola Xunta de Centro. Ten que haber polo menos un
profesor de cada un dos departamentos adscritos ao centro.
b) Tres estudantes elixidos por e entre os seus representantes en Xunta
de Centro.
c) Un membro do PAS da biblioteca do centro.
O decano ou director do centro comunicará ao director da biblioteca os membros
que integran a Comisión de Biblioteca de Centro.
A duración do mandato dos membros electos será de catro anos, agás no caso dos
estudiantes que será de dous.
Artigo 15. A composición da Comisión de Biblioteca Intercentros é:
1.- Presidente: o cargo de presidente será rotatorio e renovaráse cada
dous anos. Exercerá en primeiro lugar o decano ou director de centro de maior
antigüidade nese cargo.
2.- O director da biblioteca intercentros
3.- Vocais:
a) Os decanos e directores de centro que non exerzan como presidentes da
Comisión.
b) Seis profesores elixidos polas Xuntas de Centro. Ten que haber polo menos un
de cada un dos departamentos adscritos ao centro.
c) Un estudante por cada centro participante na Comisión, elixidos por e
entre os seus representantes en Xunta de Centro.
d) Un membro do PAS da biblioteca intercentros.
O decano ou director do centro que exerza como presidente comunicará ao director
da Biblioteca os membros que integran a Comisión de Biblioteca intercentros.
A duración do mandato dos membros electos será de catro anos, agás no caso dos
estudiantes que será de dous.
Artigo 16 . As funcións das comisións de bibliotecas de centro ou
intercentros son:
a) Participar na proposta de mellora dos servizos, espazos e equipamento
da biblioteca.
b) Elevar propostas de mellora á Comisión de Biblioteca da UDC.
c) Propoñer criterios de distribución do orzamento da biblioteca de
centro ou intercentros.
d) Velar polo cumplimento das directrices xerais na área da súa
competencia, dentro do marco deste Regulamento
e) Analizar as propostas, suxestións e reclamacións dos usuarios da
Biblioteca que non poidan ser resoltas polo director da biblioteca de centro ou intercentros.
f) Resolver calquera cuestión relacionada co servizo que lle someta a
consideración o seu presidente ou un terzo, alomenos, dos membros da Comisión.
g) Calquera outra función, dentro do ámbito da súa competencia, que lle
sexa encomendada
Artigo 17. As comisións de bibliotecas de centros ou intercentros
reuniranse polo menos dúas veces ao ano e sempre que as convoque o seu
presidente ou o solicite un terzo dos seus membros.
TÍTULO III.- ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DO SERVIZO DE BIBLIOTECA DA UDC
Artigo 18. O Servizo de Biblioteca da UDC estrutúrase como un sistema
bibliotecario único, descentralizado e coordinado, que se organiza en unidades
técnicas ou seccións, e bibliotecas de centros, de acordo con criterios de
territorialidade ou temáticos, tal como se recolle no Anexo I deste regulamento.
Está constituido por:
a) A biblioteca central, onde se reunen as coleccións e a xestión
centralizadas e mais os servizos xerais, que se ocupará da coordinación dos
procesos técnicos e dos servizos ao usuario e, en xeral, de planificar e
implantar todas as actividades necesarias para garantir o buen funcionamento do
sistema bibliotecario.
b) As bibliotecas de centros e intercentros son unidades de servizo nas
que se integran os fondos bibliográficos e documentais de un o máis centros.
Todas elas dependerán funcionalmente da xefatura do servizo e orgánicamente da
xerencia ou de quen se determine nos Estatutos da UDC.
Os institutos e outros servizos universitarios utilizarán os recursos
bibliográficos e os servizos das bibliotecas de centros ou intercentros coas que
garden maior afinidade ou, no caso de ser interdisciplinares, da Biblioteca
Central.
Artigo 19. A Biblioteca Central á súa vez estrutúrase en seccións que son
transversais. Á fronte de cada unha delas haberá un xefe de sección coas seguintes funcións:
a) Dirixir e asesorar os traballos do personal adscrito á sección
b) Coordinar o traballo da sección coas unidades restantes
c) Organizar e planificar o funcionamento dos servizos e tarefas no
ámbito da súa sección, e establecer a homoxeneización dos mesmos para todas as
bibliotecas.
d) Elaborar os informes e suministrar os datos que lles sexan solicitados
polo xefe do servizo no ámbito da súa sección.
e) Aquelas outras que, no ámbito da súa sección, lles encomende o xefe de
servizo.
Artigo 20. As principais funcións das distintas xefaturas de sección, sen
prexuizo das que poidan crearse no futuro, son:
1. Sección de Adquisicións
a) Elaborar a política de desenvolvemento das coleccións do Servizo de
Biblioteca
b) Xestionar a adquisición centralizada de suscricións de publicacións
periódicas, tanto impresas como electrónicas.
c) Xestionar as outras adquisicións centralizadas, e realizar o
seguimento das cofinanciadas con outras institucións.
d) Xestionar e coordinar os plans de expurgo, conservación e doazóns
2. Sección de Información e Coordinación
a) Responsabilizarse dos procesos de comunicación entre as unidades centrais e
as bibliotecas de centros.
b) Responsabilizarse dos procesos de comunicación cos usuarios finais
cando se trate de asuntos de interés xeral e/ou interdisciplinar ou que afecten
a usuarios de mais dunha biblioteca de centro.
c) Manter actualizada e estruturada a información da páxina web da
Biblioteca, de acordo coas directrices que para os seus respectivos ámbitos
establezan as demáis seccións, sen prexuizo do ámbito que lle corresponda á
Sección de Información e Coordinación.
d) Seleccionar, organizar e difundir as fontes de información. Supervisar
o acceso aos recursos de información electrónicos do Servizo de Biblioteca.
e) Elaborar, desenvolver e executar o plano de formación de usuarios en
coordinación coas bibliotecas de centros e intercentros.
f) Xestionar o servizo centralizado de información bibliográfica.
3. Sección de Proceso Técnico
a) Xestionar e manter o catálogo automatizado.
b) Xestionar o sistema automatizado da Biblioteca e activar as melloras
nas prestacións do mesmo.
c) Establecer criterios unificados de catalogación de acordo coas
normativas nacionais e internacionais.
d) Xestionar e coordinar o repositorio institucional.
4. Sección de Acceso ao Documento:
a) Facilitar aos membros da comunidade universitaria os documentos non
dispoñibles nas coleccións da UDC mediante a xestión do servizo de préstamo
interbibliotecario, e subministrar ás biblliotecas alleas os documentos que
solicitan.
b) Xestión do acceso ás coleccións dixitais, e aos fondos da Biblioteca
Central.
c) Propoñer a normativa de préstamo, e elaborar as instruccións de acceso
e uso das coleccións.
d) Xestión e conservación das tesis depositadas na Biblioteca Central.
e) Outorgar ás persoas alleas á Universidade a condición de usuarios
externos, de acordo cos criterios que se establezan.
Artigo 21. Os directores das bibliotecas de centros teñen, entre as súas
funcións:
a) Exercer a direción técnica e administrativa da biblioteca do centro ou
intercentros da que son responsables.
b) Organizar e dirixir os traballos do persoal ao seu cargo.
c) Elaborar as estatísticas e informes que lles sexan solicitados polo
xefe do servizo, así como calquera outra información que lles solicite.
d) Informar sobre propostas de mellora ou sobre os problemas específicos
da biblioteca da que sexan responsables.
e) Recoller e analizar as suxestións que lles fagan chegar os usuarios da
biblioteca.
f) Representar á biblioteca do centro.
g) Aquelas outras que, no ámbito da súa competencia, lles encomende o
xefe do servizo.
Artigo 22. O persoal do Servizo de Biblioteca estará constituido por
funcionarios que pertenezan aos corpos de facultativos, axudantes e auxiliares
de arquivos e bibliotecas. A biblioteca poderá contar, ademáis, con personal
administrativo, auxiliar, e subalterno.
Artigo 23. Todo o personal adscrito á biblioteca terá como función
prioritaria, dentro das funcións que lle correspondan, facilita-lo acceso dos
usuarios ós servizos da biblioteca,estando suxeitos ós cambios e á evolución do
servizo.
Artigo 24. Todo o persoal do Servizo de Biblioteca deberá cumprir e facer
cumprir este Regulamento, así como as restantes normas e directrices do Servizo
de Biblioteca.
Título IV. – DAS COLECCIÓNS NA BIBLIOTECA
Artigo 25. As coleccións existentes nas bibliotecas da UDC son conxuntos
organizados e seleccionados de documentos, con independencia do seu soporte, da
forma de acceso, modo de adquisición e ubicación, cuxo obxectivo fundamental é
satisfacer as necesidades de información da comunidade universitaria, atendendo
aos seus fins de estudo, docencia, investigación e de difusión da cultura e da
ciencia.
Artigo 26. As coleccións serán de diferentes clases según as súas
características. Cada unha delas pode requerir técnicas de acceso, de tratamento
e de xestión bibliotecaria e documental diferentes.
A xestión das coleccións realizarase conforme a un Plan de Xestión da Colección,
revisado periódicamente.
Artigo 27. Todos os documentos adquiridos polo Servizo de Biblioteca, ou
aqueles outros aos que se teña dereito de acceso (ao ser adquirida a súa
licencia de uso directamente pola Universidade, mediante os consorcios aos que
perteneza, ou por outras entidades), serán procesados e incluidos no catálogo e
sistemas de información da Biblioteca, de acordo coas normas técnicas en vigor,
co obxeto, entre outros, de promover o seu coñecemento e uso entre a comunidade
universitaria.
Artigo 28. Ao fin de mellorar a súa accesibilidade, preservación e
coñecemento, os documentos adquiridos polo Servizo de Biblioteca da UDC
recibirán o preceptivo trámite administrativo e o tratamento bibliotecario
correspondente.
Artigo 29. O réxime de acceso e as condicións de préstamo estarán
condicionados polas características dos elementos individuais das diferentes
coleccións, así como por razóns de conservación, seguridade, dereitos de autor e
licencia de uso.
Título V.- RECURSOS ECONÓMICOS
Artigo 30. O Servizo de Biblioteca disporá dun orzamento anual que lle
permita cumprir os seus fins e atender os gastos derivados da adquisición de
material bibliográfico e documental, asi como os gastos do seu funcionamento.
Artigo 31. As cantidades orzamentarias específicas estarán incluidas nos
orzamentos ordinarios da Universidade
Artigo 32. O Servizo de Biblioteca poderá beneficiarse doutros
investimentos financeiros procedentes da propia Universidade ou de institucións
ou persoas alleas a ela.
Artigo 33. Os responsables da execución orzamentaria dos recursos que se
asignen ao Servizo de Biblioteca, seguirán os procedementos regulares aceptados
na Universidade.
Artigo 34. As tarifas aplicadas polo Servizo de Biblioteca para préstamo
interbibliotecario serán as aprobadas polos órganos universitarios competentes.
Título VI.- USUARIOS E SERVIZOS
Artigo 35. Son usuarios do Servizo de Biblioteca
a) O persoal docente e investigador da Universidade da Coruña
b) Os estudantes da Universidade da Coruña, en cualquera dos seus ciclos.
c) O persoal de administración e servizos da Universidade da Coruña
d) Todas aquelas persoas expresamente autorizadas mediante acordos
individuais oumconvenios institucionais realizados pola Universidade da Coruña
Artigo 36. A Carta de Dereitos e Deberes dos Usuarios está exposta en
todos os puntos de servizo
Artigo 37. O Servizo de Biblioteca establecerá programas de formación de
usuarios para favorecer a súa autonomía informacional e promocionar o uso das
coleccións.
Artigo 38. O Servizo de Biblioteca terá por obxectivo servir de soporte
documental, bibliográfico e informativo aos procesos da aprendizaxe e da
investigación. Para este cometidom cóntase cos seguintes medios:
a) Unha colección propia, en papel e electrónica, maioritariamente en
libre acceso e debidamente organizada para a súa consulta in situ, a domicilio
ou remotamente
b) O acceso a coleccións externas que complementan a propia, tanto en
papel como electrónicas
c) Unhas instalacións cun número axeitado de postos de lectura así como
de puntos de acceso a Internet, ademáis duns espazos e ambiente axeitado para o
estudo individual e para o traballo en grupo
d) Persoal capacitado para resolver as demandas de información que
presenten os usuarios
Artigo 39. Con estes medios, o Servizo de Biblioteca da Universidade da
Coruña, oferta, principalmente, os seguintes servizos:
a) Salas de lectura e estudo individual e en grupo. As salas contarán cos
equipamentos e tecnoloxías que permitan o uso de documentos multimedia e o
estudo con este tipo de ferramentas por parte dos usuarios.
A consulta en sala dos fondos bibliográficos é de carácter público e gratuito,
pero poderá sufrir restriccións temporais por mor de garantir o servizo aos
membros da comunidade universitaria.
b) Información bibliográfica e de referencia, información sobre a
bibliografía recomendada e soporte informativo a traballos de investigación e
académicos.
c) Acceso ao documento: préstamo a domicilio, préstamo interbibliotecario
d) Formación de usuarios con vistas ao desenvolvemento de habilidades
informacionáis
e) Acceso a recursos electrónicos.
Artigo 40. Os servizos deberán estar adaptados aos novos modos de
aprendizaxe, fomentando a creación espazos axeitados para o traballo en grupo, a
autoformación e a formación a distancia e colaborando co persoal docente e
investigador na preparación de
materiais didácticos e/ou bibliográficos, tanto para a docencia como para a
investigación
Artigo 41. A prestación dos distintos servizos poderá ser regulada por
normativas específicas, que tratarán sobre condicións de acceso aos mesmos así
como sobre medidas sancionadoras cando proceda
Artigo 42. O Servizo de Biblioteca establecerá indicadores de medición da
prestación dos distintos servizos que servirán como mecanismo para a avaliación
continua con vistas a mellora da calidade e á satisfacción dos usuarios.
TÍTULO VII.- REFORMA DO REGULAMENTO
Artigo 43. A iniciativa para a modificación deste regulamento corresponde
á Comisión de Biblioteca da UDC e ao Consello de Goberno.
Artigo 44. Para a aprobación da iniciativa de modificación deste
regulamento será necesario o voto favorable da maioría absoluta da Comisión de
Biblioteca da UDC e a súa aprobación no Consello de Goberno.
DISPOSICIÓN FINAL
Este Regulamento entrará en vigor ao dia seguinte da súa aprobación polo
Consello de Goberno.
ANEXO I – SERVIZO DE BIBLIOTECA DA UDC
BIBLIOTECA CENTRAL
• Sección de Adquisicións
• Sección de Información e Coordinación
• Sección de Proceso Técnico
• Sección de Acceso ao Documento
BIBLIOTECAS DE CENTROS
• Biblioteca da ETS de Arquitectura
• Biblioteca da EU de Arquitectura Técnica
• Biblioteca da ETS de Camiños, Canais e Portos
• Biblioteca da Facultade de Ciencias
• Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación
• Biblioteca da Facultade de Dereito
• Biblioteca da Facultade de Filoloxía
• Biblioteca da Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física
• Biblioteca da Facultade de Informática
• Biblioteca da ETS de Naútica e Máquinas
• Biblioteca da EU Politécnica
• Biblioteca da Escola Politécnica Superior
BIBLIOTECAS INTERCENTROS
• Biblioteca de Socioloxía e Ciencias da Comunicación
• Biblioteca Universitaria de Oza (Ciencias da Saúde)
• Biblioteca da Casa do Patín
• Biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
|