| Información para os Alumnos de Primero Ciclo |
A Biblioteca da UDC está formada polo Servizo de Biblioteca (Campus de Elviña, no Edificio Xoana Capdevielle) e 17 Bibliotecas de Centro, distribuidas en dous campus: A Coruña e Ferrol. O Horario de apertura das bibliotecas durante o curso académico é, de luns a venres, de 8.30 a 21.30 h., en horario ininterrumpido, agás os meses de xullo e agosto. Usuarios: como alumnos da UDC, sodes usuarios de pleno dereito da Biblioteca, en calquera dos seus puntos de servizo. A Biblioteca utiliza a Tarxeta Identificativa da Universidade (TIU) como carné de usuario, pero non é responsable da súa xestión. Aínda que non recibírades a tarxeta, se estades incluidos na base de datos da Universidade, poderedes facer uso da Biblioteca, ao presentar o DNI. En caso de perda ou extravío da tarxeta, dirixídevos á Administración do voso Centro. FONDOS BIBLIOGRÁFICOS LIBROS:
REVISTAS: poden consultarse libremente na Biblioteca as revistas científicas das áreas temáticas que se imparten no Centro. Ofrécese o uso de máquinas auto-fotocopiadoras, para a reprodución dos artigos que interesen. OUTROS MATERIAIS: ademáis de libros e revistas, a Biblioteca ofrece unha colección doutros materiais como vídeos, CDs, DVDs ,casetes, mapas, planos, partituras, etc. BIBLIOTECA DIXITAL Acceso ás
coleccións de obras en formato dixital, adquiridas pola Universidade da
Coruña. As máis importantes:
Bases de datos,
Revistas
electrónicas,
e
Libros
electrónicos SERVIZOS INFORMACIÓN: a Biblioteca ofrece puntos de información onde podes facer calquera consulta sobre horarios, funcionamento, servizos que se ofrecen, buscas bibliográficas, etc. CONSULTA EN SALA: todas as bibliotecas de centro contan con postos de lectura distribuidos nas diferentes salas (sala de lectura, hemeroteca, sala de audiovisuais, ). A maior parte dos fondos están en libre acceso e encontranse colocados seguindo unha clasificación por materias, na que a cada materia lle corresponde un código alfanumérico (signatura). Cada documento leva unha etiqueta (tejuelo) na que vai impresa a súa signatura. CATÁLOGO DA BIBLIOTECA: catálogo automatizado que contén as referencias bibliográficas e a localización de todos os documentos (libros, revistas, CD-Roms, vídeos, etc.), que se atopan na Biblioteca Universitaria. Dispoñedes de varios ordenadores para a consulta do catálogo, revistas, bases de datos e acceso a Internet. Existen Guías impresas para a realización de buscas, que vos explicarán nos cursos prácticos que se impartirán na Biblioteca. PRÉSTAMO A DOMICILIO: gran parte da colección da Biblioteca da UDC, pode ser obxecto de préstamo para toda a comunidade universitaria. Como alumnos de primeiro ciclo podedes levar en préstamo 6 libros durante 10 días, presentando a tarxeta identificativa da UDC (TIU). Pódese renovar o período de préstamo (persoalmente, a través da páxina web do Servizo de Biblioteca http://www.udc.es/biblioteca/galego/index.htm ou por teléfono), sempre que non se fixera unha solicitude de reserva por parte doutro usuario. Podedes consultar tamén a través da páxina web do Servizo de Biblioteca http://www.udc.es/biblioteca/galego/index.htm Catálogo UDC-- Rexistro de Usuario os vosos préstamos, cunha contrasinal que se vos facilitará no mostrador da vosa biblioteca. Para máis información do préstamo, dispoñedes de Guías impresas na biblioteca. PRÉSTAMO INTERCENTROS: pódense solicitar libros localizados en calquera biblioteca da UDC, sen necesidade de desprazarse. PRÉSTAMO INTERBIBLIOTECARIO: facilita documentos, que non existen na Biblioteca da UDC, en préstamo ou reproducción. Este servizo está suxeto a Tarifas acordadas con outras institucións. SUXESTIÓNS, COMENTARIOS BIBLIOTECA: na páxina web do Servizo de Biblioteca http://www.udc.es/biblioteca/galego/index.htm está a vosa disposición un correo electrónico para expresar calquera dúbida, suxestión ou reclamación sobre a Biblioteca.
REPROGRAFÍA: A UDC dispón nas súas instalacións de máquinas
fotocopiadoras para seren utilizadas directamente polos usuarios e de
servizos de reprografía en cada centro. |