CONSULTA EN SALA
 
As distintas bibliotecas de centro da UDC ofrecen, no seu conxunto, ao redor de 3.400 postos de lectura, para la consulta de sus fondos.
En algunos casos existen salas para a consulta de materiais especiais (fondo antiguo, microformas...) e hemerotecas

PRÉSTAMO
 
O préstamo réxese polas Normas de Préstamo do Servizo de Biblioteca da Universidade da Coruña, aprobadas pola comisión da Biblioteca Universitaria do 17 de novembro de 2008.

Dado que o préstamo está automatizado, para acceder a este servizo, é suficiente con presentar un documento que acredite que se pertence a algún dos grupos de persoas relacionadas no Punto 2 das Normas de Préstamo.

Todos os materiais bibliográficos da UDC son susceptibles de seren prestados. Algúns documentos, por razóns de uso, antigüidade ou preservación, poderanse consultar unicamente na biblioteca. (Punto 4 das Normas de Préstamo).

O número de obras que poden ser solicitadas en préstamo e a duración deste, varía segundo o tipo de usuario:

Usuario

Obras

Días

Profesorado*

100

CURSO

Estudantes de 1º e 2º ciclo

6

10

Estudantes de doutoramento

25

21

Estudantes de másteres. Proxectos fin de grao, fin de carreira

10

21

Bolseiros de investigación e investigadores contratados

25

CURSO
Persoal de Administración e Servizos

6

10

Persoal Autorizado

3

10

*Existe tamén un réxime especial de Depósito Bibliográfico Permanente para os Departamentos.

RENOVACIÓNS: Pódese renovar o período de préstamo de todos os documentos sempre que outro usuario non os solicitase. A renovación pódese facer por teléfono ou persoalmente na biblioteca onde se solicitou o préstamo.

RESERVAS: Os documentos que se encontren en préstamo, pódeos reservar calquera usuario. Para solicitar a reserva dun exemplar diríxase ao persoal da súa biblioteca.

INFORMACIÓN DO USUARIO: esta opción permite a cada usuario coñecer o estado dos seus préstamos, reservas, renovacións, etc.
 

PRÉSTAMO INTERCENTROS


Os usuarios, a través da súa biblioteca, poden solicitar en préstamo os fondos doutras bibliotecas da UDC sen necesidade de se desprazar. Poden solicitar este servizo na biblioteca do centro a que pertencen.  

As condicións do préstamo intercentros serán as mesmas que as de préstamo a domicilio.   

Unha vez solicitado un documento a través do Préstamo Intercentros, o usuario pode saber se o libro solicitado chegou xa á  biblioteca consultando a pantalla de Información do Usuario. O libro reterase na biblioteca solicitante o día da súa recepción e o seguinte, e devolverase á biblioteca prestataria ao terceiro día.

Para máis información acuda ao persoal da biblioteca.   

Volver atrás Inicio