O Servizo
de Información e Referencia responsabilízase, tanto nos servizos
centrais como nas distintas bibliotecas de centro da UDC, da información e asistencia
sobre:
- Horarios, servizos
e normas da
biblioteca.
- Procesos de comunicación
entre as unidades centrais e as bibliotecas de centros
- Comunicación cos usuarios finais cando se trate de asuntos de interés
xeral e/ou interdisciplinar ou que afectan a usuarios de máis dunha biblioteca de centro.
- Actualización e estructura da
información da páxina web da Biblioteca.
-
Acceso a redes de información nacionais e
internacionais a través de Internet.
- A organización
e difusión das
fontes de información. Supervisión do acceso aos recursos electrónicos
do Servizo de Biblioteca.
- Elaboración, desenvolvemento e execución
do plano de formación de usuarios en coordinación coas bibliotecas de
centro.
- Buscas bibliográficas
a través do
Formulario Electrónico.
|