BIBLIOTECA DA UDC |
|
A Biblioteca da Universidade da Coruña (UDC) é a unidade funcional de xestión de recursos de información que da soporte ao estudo, á docencia e á investigación, mediante a adquisición, a organización e o procesamento dos fondos bibliográficos e documentais, co fin de poñelos a disposición dos usuarios. A Biblioteca Universitaria da UDC conta aproximadamente con máis de 670.000 libros, 7.600 coleccións de revistas en papel ademáis de distintos recursos electrónicos: 19.000 revistas, 16.000 libros e unhas 70 bases de datos, distribuidas entre os servizos centrais, as 12 bibliotecas de centros e as 4 bibliotecas intercentros, situadas nos campus da Coruña e Ferrol. O horario das bibliotecas dos centros é, de 8:30 a 21:30 h. de luns a vernes, ininterrompidamente, agás os meses de xullo e agosto nos que se reduce por motivo das vacacions. Agosto: de 9:00 a 14:00 h.
Son usuarios de pleno dereito da biblioteca todas as persoas que sexan membros da comunidade universitaria:
O préstamo formalizarase mediante a presentación da tarxeta de identificación universitaria ou dun documento oficial que identifique o usuario. A tarxeta de identificación universitaria terá validez para o servizo de préstamo mentres o usuario manteña a súa vinculación coa Universidade (ha de estar matriculado no caso dos estudantes e manter a relación laboral no caso de profesores e PAS). A Carta de Dereitos e Deberes dos Usuarios está exposta en todos os puntos do Servizo. O Servizo de Biblioteca establecerá programas de formación de usuarios para favorecer a súa autonomía informacional e fomentar o uso das coleccións.
|