FAQS

Biblioteca da UDC Servizos
Catálogos Recursos de Internet
Biblioteca dixital Adquisicións
Outros recursos Novidades

    Biblioteca da UDC
     
  • Cantas bibliotecas existen?

    Na UDC existen 12 bibliotecas de centro:

      Biblioteca da ETS de Arquitectura
      Biblioteca da EU de Arquitectura Técnica
      Biblioteca da ETS de Camiños, Canais e Portos
      Biblioteca da Facultade de Ciencias
      Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación
      Biblioteca da Facultade de Dereito
      Biblioteca da Facultade de Filoloxía
      Biblioteca da Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física
      Biblioteca da Facultade de Informática
      Biblioteca da ETS de Naútica e Máquinas
      Biblioteca da EU Politécnica
      Biblioteca da Escola Politécnica Superior

    E 4 bibliotecas intercentros:
      Biblioteca de Socioloxía e Ciencias da Comunicación
      Biblioteca Universitaria de Oza (Ciencias da Saúde)
      Biblioteca da Casa do Patín
      Biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

  • Que horario teñen?
    Como norma xeral, de luns a venres de 8:30 h a 21:30 h, nos meses de verán (xullo e agosto), este horario é máis reducido.
     

  • Pódese entrar e empregar os fondos da Biblioteca sen ser membro da Universidade?
    Sí, pódense consultar os fondos na propia biblioteca pero para retirar libros en préstamo a domicilio é necesario ter o carné de usuario externo.
     

  • Pode ser calquera usuario externo da Biblioteca?
    Poderán ter a condición de usuarios do servizo de préstamo aqueloutras persoas expresamente autorizadas pola Biblioteca ou que pertenzan a entidades coas que existan convenios ou acordos para a utilización do servizo.
     

  • Cuanto tempo dura o meu permiso de usuario externo e a que teño dereito?
    As autorizacións terán a duración dun ano, renovable, e concederanas os responsables da biblioteca de acordo cos criterios que estableza a Comisión da Biblioteca Universitaria.
     

  • Teño que pagar por empregar os servizos da Biblioteca?
    Non, coa excepción do préstamo interbibliotecario.
     

  • A Biblioteca dispón dalgún documento onde se recollan os meus dereitos como usuario?
    Si, a Carta de Dereitos e Deberes que podes consultar na páxina web da mesma
     

  • Volver atrás     Inicio

    Catálogos
     
  • Como podo gravar a información do catálogo no meu USB ou nun disquete?
    Despois de facer unha busca podes marcar os rexistros que máis che interesen e gardalos pulsando sobre o icono do carro. Tamén o podes facer desde o rexistro completo pulsando sobre o botón de "Gardar rexistro". A continuación pulsa sobre o carro "View Saved" e despois sobre "Export Saved", o sistema ofréceche a posibilidade de exportarlo en distintos formatos e soportes. Para finalizar pulsa sobre el botón "Enviar".
     

  • Guía do catálogo.
     


  • Biblioteca digital
     

  • Que é a Biblioteca Dixital?
    É un servizo que ofrece a Biblioteca da UDC á comunidade universitaria e que permite acceder en liña a todos os recursos electrónicos dos que dispoñemos.
     

  • Quenes poden empregar os recursos electrónicos?
    Todos os membros da comunidade universitaria, cando acceden aos recursos desde a Rede da UDC; para traballar con estes recursos desde fóra da rede existe la posibilidade do acceso remoto.
     

  • Que son as bases de datos?
    Coleccións organizadas de información, relacionadas entre si por unha serie de índices asociados, que permiten a recuperación dos datos incluidos nelas.
     

  • Para que serven?
    Para encontrar documentos sobre un autor, un tema en concreto, unha data… Segundo o tipo de base de datos podemos atopar un tipo de información u outra:

      Bases de datos referenciais: conteñen referencias bibliográficas dos documentos, incluindo a maioría de veces tamén un resumo.
      Bases de datos factuais: conteñen información orixinal en formato electrónico, como datos estatísticos ou o texto completo dos documentos.

     
  • Como podo saber que bases de datos hai sobre un determinado tema?
    Consultando na páxina web, as bases de datos no seu apartado de clasificación por materias.
     

  • Que podo facer se teño problemas para acceder a unha base de datos?
    Algunhas bases de datos teñen xunto ao título unha pequena guía, que serve de axuda; se non resulta suficente ou non aparece, ponte en contacto coa persoa responsable da túa biblioteca.
     

  • As revistas electrónicas, ¿teñen dispoñibles os artigos a texto completo?
    Unhas si e outras non, en función do tipo de revista do que se trate.
     

  • Que é Dialnet?
    É unha base de datos multidisciplinar de acceso gratuito á literatura científica hispana Resultado do traballo cooperativo de bibliotecas universitarias españolas e latinoamericanas, así como algunhas bibliotecas públicas e especializadas, recolle monografías, artigos de revistas e de obras colectivas, teses doctorais, documentos de traballo-prepublicacións, en parte a texto completo.
     

  • É necesario rexistrarse?
    Si, os usuarios rexistrados poden seleccionar revistas e recibir alertas electrónicas co sumario das mesmas a medida que se publiquen novos números.
     

  • Que son os recursos de acceso aberto?
    Son bases de datos e repositorios que permiten unha maior visibilidade e acceso aos resultados da investigación que poidan servir como fundamento para posteriores investigacións, son canles de información accesibles e gratuitos, coa garantía sobre o seu contido, ofrecida tanto pola Institución que lle dá acceso como polas persoas encargadas da súa avaliación.
     

  • Que é o Repositorio UDC-Dspace?
    UDCDspace é o repositorio dixital da Universidade da Coruña, un sistema que proporciona de forma estable e segura a preservación de documentos dixitais produto da actividade científica e institucional da UDC, e facilita a súa accesibilidade en Internet.
     

  • Que é Pórtico?
    É un metabuscador que permite acceder ós recursos de información electrónicos adquiridos, suscritos ou seleccionados pola Universidade da Coruña. Sirve para facer buscas simultáneas en catálogos de bibliotecas, bases de datos, revistas ou libros electrónicos ou ben acceder a un recurso específico; buscar revistas electrónicas e coñecer o seu factor de impacto; acceder ó texto completo se dispoñemos de subscrición.
     

  • A biblioteca ten libros electrónicos?
    Tes acceso á colección de libro electrónico a través da Biblioteca Dixital da nosa páxina web. Atoparás un listado de enlaces a proveedores cos que a biblioteca ten suscrito o acceso. Igualmente, o metabuscador Pórtico ten unha opción de busca na pestaña de Recursos - Combinada, seleccionando o tipo de recurso no que queremos buscar a información xa sexa en bases de datos, catálogos, diccionarios, libros electrónicos, etc…
     

  • Hai ordenadores para consultar Internet?
    Si.
     

  • Hai que reservar hora para facer uso dos ordenadores con conexión a Internet?
    No.
     

  • Podo conectarme a Internet co meu portátil desde as bibliotecas da UDC?
    Si, porque os edificios dispoñen de cobertura de rede inalámbrica. Na páxina principal da biblioteca hai un enlace rápido a UDCWIFI onde se explican todos os pasos que debes seguir para poder empregar este servizo.
     

    Volver atrás     Inicio

    Outros recursos
     
  • Que é e como se emprega o Xestor Bibliográfico Refworks?
    Refworks é un programa xestor de bibliografías en liña. Permite crear unha base de datos persoal coas referencias bibliográficas introducidas manualmente ou procedentes de buscas en catálogos de bibliotecas, bases de datos e revistas electrónicas. Para acceder a RefWorks, cada usuario debe rexistrarse e crear a súa propia conta.
     

  • Que significa SFX?
    É un buscador e enlazador de recursos electrónicos. Esta aplicación permite: buscar na colección de revistas e libros electrónicos da biblioteca a través do listado A-Z ou de formularios de busca (título, materia, editor ou ISSN), acceder ao texto completo de artigos, libros, actas de congresos, estándares e enlazar desde bases de datos referenciais ou desde os portais dos editores nos que aparece o botón SFX, ao texto completo dos artigos ou dos libros. Dispoñer, desde o menú que oferta o SFX, doutras funcionalidades como: consultar o catálogo web da biblioteca, buscar noutros catálogos, solicitar o documento a través do servizo de préstamo interbibliotecario, descargar as referencias en Refworks, coñecer o factor de impacto da revista, lanzar buscas en Google Scholar, etc.
     

  • Quen o pode empregar?
    Toda a Comunidade Universitaria pode acceder a SFX.
     

    Servizos
     

  • Onde e como podo conseguir o carné da biblioteca?
    Se eres alumno da Universidad faise automáticamente ao formalizar a matrícula. Se non o eres, podes facer un carné de usuario externo cubrindo un formulario que atoparás na páxina principal da Biblioteca, que podes remitir xunto cunha fotocopia do D.N.I ao Servizo de Biblioteca Universitaria ou entregalo no mostrador da Biblioteca. A tarxeta de identificación universitaria terá validez para o servizo de préstamo mentres o usuario manteña a súa vinculación coa Universidade.
     

  • Que fago se perdo a tarxeta ou carné?
    Podes volver a solicitala na oficina universitaria.
     

  • Pódense sacar libros co carné dun amigo?
    Non, o carné é persoal e intransferible.
     

  • É necesario renovar o carné cada curso?
    Non, solamente se eres usuario externo.
     

  • Necesítase o carné da biblioteca para utilizar os fondos dentro dela?
    Non, para utilizarlos nas salas da biblioteca; pero si para sacalos en préstamo. Se no momento do préstamo non dispos do carné é válido calquer documento oficial identificativo.
     

  • O carné sírveme para calquer biblioteca da UDC?
    Si.
     

  • Onde podo informarme sobre como funciona a biblioteca e que servizos ofrece?
    Dirixíndote ao bibliotecario do teu centro ou visitando a páxina web da biblioteca,
    http://www.udc.es/biblioteca.
     

  • Podo preguntar ao personal da biblioteca se non atopo un libro ou unha revista ou como utilizar un ordenador da sala?
    Sempre que queiras pódeslle consultar ao persoal calquer dúbida que teñas.
     

  • Que son as buscas bibliográficas?
    Podes solicitar, mediante un formulario, que a biblioteca che localice referencias bibliográficas sobre temas concretos, extraídos de diferentes fontes de información. A petición farase a través da páxina web da biblioteca clicando na opción “Formulario-e de buscas”.
     

  • Que é a formación de usuarios?
    A biblioteca organiza diferentes cursos, destinados tanto a usuarios como a docentes, para coñecer os recursos da biblioteca e axudar aos usuarios a mellorar as súas habilidades de busca de información.
     

  • Que tipo de cursos se imparten?
    Hai diferentes cursos:

      Os destinados a usuarios son impartidos polos distintos centros.
      Os destinados a PDI e a terceiro ciclo, de bases de datos e recursos electrónicos.
      Tamén hai distintas utilidades de formación dispoñibles na web.

     
  • Como se poden solicitar estes cursos?
    Pódense solicitar na túa biblioteca.
     

  • Para acceder ao préstamo, necesito algunha identificación?
    Necesitas presentar o teu carné da biblioteca.
     

  • Que documentos se prestan?
    Todos os materiais bibliográficos da UDC son susceptibles de ser prestados, pero algúns materiais poderán ser excluidos do préstamo ou sometidos a un réximen de préstamo restrinxido. As exclusións ou restricións poderán obedecer a razóns de utilización, antigüidade, rareza ou preservación. Na normativa de préstamo enuméranse os documentos excluídos.
     

  • Cantos libros e durante canto tempo podo telos na casa?
    Depende do tipo de usuario e do tipo de documento.

      Profesorado: 100 libros durante el curso académico
      Estudantes de 1ª e 2ª ciclo: 6 libros durante 10 días naturais
      Estudantes de 3ª ciclo: 10 libros durante 21 días naturais
      Persoal de Administración e Servizos: 6 libros durante 10 días naturais
      Persoal Autorizado : 3 libros durante 10 días naturais

     
  • Como e cantas veces podo renovar o préstamo dun documento?
    Podes renovar os documentos que teñas en préstamo, sempre que no foran solicitados por outro usuario, así como, reservar outros que estén prestados. As renovacións poden facerse de forma presencial, por teléfono ou a través da web.
     

  • Para reservar un documento, ¿que debo facer?
    Para solicitar a reserva dun exemplar tes que dirixirte ao persoal da túa biblioteca.
     

  • Cantos días se garda unha reserva?
    48 horas.
     

  • Podo reservar documentos doutras bibliotecas?
    Si.
     

  • Pódese reservar un documento co carné bloqueado?
    Non.
     

  • ¿Como podo saber qué documentos teño en préstamo, cando teño que devolvelos, se xa chegaron os documentos que reservei, etc.?
    Consultando o teu rexistro de usuario desde a páxina principal do catálogo da UDC.
     

  • Se devolvo con retraso un documento, que pasa?
    O usuario ten a obriga de devolver os documentos en empréstito dentro da data límite. No caso de incumprimento do prazo, a biblioteca requerirá ao usuario para que devolvan a obra. Non se prestarán documentos a ningún usuario que teña outros en empréstito con prazos de devolución vencidos mentras non os devolva ou renove. O retraso na devolución dos documentos en empréstito será motivo de sanción.
     

  • Cal será a sanción por non devolver un libro dentro do prazo marcado?
    Por cada día de retraso aplicarase un punto de penalización. Cando o usuario teña acumulado 10 ou máis puntos de penalización quedará temporalmente excluido do servizo de préstamo por un número de días igual ao número de puntos de penalización acumulada que se contarán por días hábiles.
     

  • Perdín un libro que tiña prestado. Que teño que facer?
    Deberás restituir a obra emprestada por outro exemplar da mesma edición. Se a obra está esgotada terás que adquirir e entregar á biblioteca outra de características similares. Mentras non restitúas a obra, quedarás excluido do servizo de préstamo.
     

  • Teño que devolver o libro no centro onde o pedín ou podo facelo en calquer biblioteca?
    Os exemplares prestados poden devolverse en calquera biblioteca
     

  • No caso que solicite un libro que esté prestado podo saber quen o ten?
    A Biblioteca atense ó que a lexislación estatal prescibe sobre tratamento e salvaguarda de datos persoais contidos en ficheiros físicos. Co que “os datos de carácter persoal obxecto do tratamento só poderán ser comunicados a un terceiro para o cumprimento de fins directamente relacionados coas funcións lexítimas do cedente e do cesionario co previo consentimento do interesado”. Igoalmente, “o responsable do ficheiro e quenes interveñan en calquera fase do tratamento dos datos de carácter persoal están obrigados ó secredo profesional respecto dos mesmos e ó deber de gardalos, obrigacións que subsistirán aínda despois de finalizar a sua relación co titular do ficheiro oe, no seu caso, co responsable do mesmo”. L. O. 15/1999, de 13 decembro de Protección de Datos
     

  • Que é o PIN?
    Un número de seguridade necesario para certos servizos que ofrece a biblioteca.
     

  • Para que o necesito?
    Para poder acceder a "Mi Millennium" e visualizar a túa pantalla de usuario, renovar os libros que tes prestados, ver as túas reservas, etc., debes memorizarlo porque os caracteres encríptanse.
     

  • Que debo facer se esquezo o meu PIN?
    Si non lembras os teus datos de usuario/contrasinal tes que dirixirte ao 2222
     

  • Que teño que facer para solicitar un libro que non existe na biblioteca da UDC?
    Ir ao teu centro bibliotecario e solicitalo a través do servizo de Préstamo Interbibliotecario.
     

  • Que é o préstamo interbibliotecario?
    O Servizo de Préstamo Interbibliotecario ten como obxectivo localizar e solicitar a outras bibliotecas aqueles documentos (orixinais ou copias) que non forman parte das coleccións das bibliotecas da nosa universidade.
     

  • Canto tempo tardará en chegar o documento?
    Non existe un prazo fixo, depende da biblioteca á que se lle solicite.
     

  • Ten algún coste este servizo?
    Para os membros da comunidade universitaria é un servizo gratuíto, cuxo coste corre a cargo da Biblioteca Universitaria. Os alumnos de grao ou asimilados ó 1º ciclo terán que ter autorización dalgún profesor. No caso en que o gasto de reproduccións íntegras de documentos superen os 60 euros, este terao que asumir o usuario. Tamén o terá que asumir os usuarios externos para tódolos servizos de Préstamo interbibliotecario.
     

  • Podo levar a casa o libro prestado en préstamo interbibliotecario?
    Os documentos orixinais, se a biblioteca prestataria o autoriza, poderánselle prestar ao usuario final. No caso contrario, consultaranse obrigatoriamente na Biblioteca Central, no campus da Coruña ou na Biblioteca do Patín, no campus de Ferrol.
     

  • Qué documentos podo pedir en préstamo interbibliotecario?
    Podes pedir documentos que non se atopen nas bibliotecas da Universidade da Coruña.
     

  • Volver atrás     Inicio

    Recursos de Internet
     
  • Que son os recursos xerais e por materias?
    Son recursos de Internet gratuitos divididos por tipoloxía de recursos, e tamén polas diferentes disciplinas.
     

  • Que son os recursos para estudantes?
    É material especial para os estudantes onde poden atopar información relevante: desde como elaborar un traballo académico a buscar emprego ou as saídas profesionais da súa titulación.
     

  • Que son os recursos en proba?
    Son as bases de datos que a biblioteca dispón durante un periodo de tempo determinado, para que os seus usuarios poidan ver se é recurrente que a biblioteca a adquira.
     

    Adquisicións
     

  • Como podo solicitar a compra de calquera material?
    Na web hai un formulario que tes que cubrir para solicitar a adquisición de calquer tipo de material.
     

  • Quen pode solicitar a adquisición dunha obra?
    Toda a comunidade universitaria e tamén os usuarios externos, mediante un formulario que se atopa na web.
     

    Novidades
     

  • Como podo saber que adquisicións ou recursos novos se incorporaron á biblioteca?
    Desde a sección de novidades podes consultar as últimas adquisicións de bases de datos incorporadas á nosa biblioteca.
     

  • Como podo saber que novas adquisicións se incorporaron ao catálogo?
    No apartado de novidades pódese ver as últimas adquisicións que se incorporaron ao OPAC.
     

Volver atrás    Inicio