FACTOR DE IMPACTO / INDICE DE CITAS

  • Citeseerx: Biblioteca dixital e buscador de literatura científica orientado ás tecnoloxías da información e Internet mantido polo College of Information Sciences and Technology da Pennsylvania State University. Permite a buscar por citas ou pola súa clasificación basada na análise de citas.

  • DICE:  difusión e calidade editorial das revistas españolas de Humanidades, Ciencias Sociales e Xurídicas. Producida polo CSIC e ANECA, ten como obxectivo facilitar o coñecemento e a consulta dalgunhas das características editoriais máis ligadas á calidade, como os mecanismos de avaliación dos orixinais para publicar, a apertura dos órganos de xestión e dirección, a difusión das revistas nas bases de datos de prestixio internacional, etc. Complementa así os datos ofrecidos en RESH. ANECA emprega esta base de datos como referencia de calidade das publicacións españolas nos procesos de avaliación do profesorado.

  • Eigenfactor: Fonte baseada nos datos proporcionados polo JCR e que proporciona medidas de factor de impacto referidas a revistas e a artigos, elaborada polo Department of Biology da Universidade de Washington.

  • IN-RECJ:  Índice de impacto Revistas Españolas en Ciencias Xurídicas. Igual que IN-RECS pero para Dereito.

 

  • IN-RECS: texto Índice de impacto Revistas Españolas en Ciencias Sociales. Elaborado pola Universidad de Granada (Grupo de investigación Evaluación de la Ciencia y de la Comunicación Científica) é un índice bibliométrico que ofrece información estatística a partir do reconto das citas bibliográficas de máis de 100 revistas españolas de Ciencias Sociais, para determinar a súa relevancia e impacto científico, así como dos autores que publican nas mesmas.

  • Factor IME:  Factor de Impacto Potencial das Revistas Médicas Españolas. É un proxecto elaborado polo "Instituto de Historia de la Ciencia y Documentación López Piñero " (CSIC).
    O índice de impacto o calcula considerando unicamente as citas que as revistas españolas reciben dunhas 100 revistas nacionais, seleccionadas pola súa inclusión na base de datos IME e nalgunha outra base de datos internacional como Medline, Embase e Science Citation Index.

  • getCITED: Base de datos académica a que se pode acceder libremente como invitado ou mediante rexistro, permite buscar e editar publicacións de todo tipo, á vez que citar e ser citado polos demáis membros rexistrados. Dispón dunha lista de discusión.

  • JCR Producido polo ISI, establece o factor de impacto e a clasificación das publicacións periódicas a partir do estudo das citas bibliográficas que aparecen nelas. Hai moi poucas publicacións españolas, e non inclúe o ámbito humanístico.

  • Revistas españolas. Listaxe completo de revistas incluidas no Journal Citation Report 2009 col factor de impacto actualizado

  • LATINDEX:  sistema rexional de información en línea para revistas científicas de América Latina, El Caribe, España e Portugal. O seu obxectivo é difundir, facer accesible e elevar a calidade das revistas científicas de estas zonas. Consta dun "Directorio" que proporciona os datos normalizados das revistas, con información que permite coñecer a súa traxectoria, especialización temática, organismo editor, responsables editoriais, bases de datos que cubren a revista, etc., e do "Catálogo" que é un subconxunto das revistas contidas no Directorio, con información adicional sobre os criterios de calidade cumpridos por cada unha delas.

  • ResearcherID: Elaborado por ISI, é unha ferramienta de contacto e promoción entre os investigadores que publican nesta plataforma.

  • RESH: revistas españolas de Ciencias Sociales e Humanas. Presenta os resultados da análise das revistas destes ámbitos dende o punto de vista da súa calidade (tanto editorial como de visibilidade internacional), e aporta tamén os índices de citas correspondentes aos anos 2000-2008.

  • SCIMAGO JOURNAL RANKING portal que recolle diversos indicadores científicos sobre revistas e países, elaborados a partir da información contida na base de datos Scopus de Elsevier e desenvolvido por Scimago Research Group (formado por membros da Universidade de Granada, de Extremadura, Carlos III de Madrid e Alcalá de Henares).

  • SCOPUS base de datos multidisciplinar que indiza máis de 14.000 publicacións científicas procedentes duns 4.000 editores, ofrecendo ademáis as referencias citadas dende o ano 1996. Permite ademáis obter índices de citas e integra o motor de busca científica Scirus

  • ULRICH´S :  contén información sobre publicacións periódicas e indica en que bases de datos son indizadas.

  • WEB OF SCIENCE:

  • producido polo ISI, é unha base de datos de artigos de revista e índices de citas subdividida en tres eidos: Science Citation Index, Social Sciences Citation Index e Art & Humanities Citation Index. Ten un sesgo a favor do ámbito científico dos artigos producidos en países anglosaxóns e en lingua inglesa. Integra Thomson Scientific WebPlus que é un buscador especializado en ciencia, ampliándose o rastreo da información científica en Web of Knowledge á Web aberta, limitándose a sitios web seleccionados, de interés científico, e priorizando os resultados con criterios de relevancia propios.

Volver atrás   Inicio