| ACCESO DESDE FORA DA UDC Á COLECCIÓN ELECTRÓNICA DA BIBLIOTECA |
|
O servizo de acceso a través de proxy permítelle consultar a colección electrónica (revistas, libros, bases de datos) desde os ordenadores que non están conectados a rede da UDC. 1. PROCEDEMENTO A) Configurar o servidor de proxy no seu navegador. No caso de Internet Explorer 5.x o 6.x de Windows configúrase da seguinte maneira: Conexión ADSL ou Ethernet:
Conexión de acceso telefónico a Redes
Cando remate a sesión, lémbrese de desactivar a conexión ao servidor de proxy.
Marcar
No caso de Mozilla Firefox configúrase da seguinte maneira:
É necesario "Aceptar" todos os cambios
e reiniciar o navegador Ao rematar a sesión, lémbrese de desactivar a conexión ao servidor de proxy. Marcar
B) Autentificación Unha vez configurado o seu navegador debe identificarse introducindo o mesmo nome de usuario e o contrasinal que utiliza para acceder á súa conta do Xestor de Identidade Corporativo Aqueles usuarios que non se deron de alta no antedito Xestor poderan facelo no seguinte enlace https://servizos.udc.es. Teñen acceso a este servizo os profesores, persoal de administración e servizos e os alumnos matriculados no presente curso académico.
2. CONDICIÓNS DE USO Este servizo está dirixido soamente aos membros da comunidade universitaria da UDC. A Biblioteca da UDC contrata recursos de información electrónicos unicamente con finalidades académicas e de investigación, polo tanto, non se permite o seu uso con finalidades lucrativas nin para o desenvolvemento de actividades profesionais alleas á universidade. Ademais, debe facerse un uso respetuoso cos dereitos da propiedade intelectual. |