ACCESO ABERTO
 


Repositorios de documentos en acceso aberto:

  • Arxiv.org. É un arquivo electrónico automatizado e un servidor de distribución para artigos de investigación. Inclúe: física, matemáticas, ciencias da computación, bioloxía e estadística. É mantido pola Biblioteca da Universidade de Cornell.

  • Archive Ouverte en Sciences de l'Information et de la Communication. Repositorio que contén literatura sobre Ciencias da Información na súa meirande parte en idioma francés.

  • Biomed Central. É unha editorial independente que ofrece acceso libre e gratuito a artigos revisados e borradores de investigacións biomédicas. Recolle os artigos a texto completo de revistas especializadas en medicina e ciencias da vida.

  • British Medical Journal É unha das revistas electrónicas máis importantes en ciencias da saúde, aposta por un proceso aberto e exhaustivo de evaluación ou peer-review. Nela publícanse artigos orixinais de investigación, revisións, artigos educativos, cartas que analizan os factores económicos, político sociais e científicos que afectan á saúde. Ofrece acceso aberto e gratuito ao contido dos artigos das investigacións editadas.

  • CIRC (Clasificación Integrada de Revistas Científicas). Clasificación de revistas científicas de Ciencias Sociais e Humanas en función da súa calidade integrando os produtos de avaliación existentes considerados positivamente polas diferentes axencias de avaliación nacionais como CNEAI ou ANECA.

  • Cybertesis. Recolle as teses electrónicas publicadas en diferentes universidades do mundo grazas ao protocolo Open Archives Initiative (OAI) que permite a interoperabilidade entre os diferentes servidores e repositorios universitarios e a normalización do formato de intercambio dos metadatos.

  • Dialnet. Portal de difusión da produción científica iberoamericana impulsado pola Universidad de La Rioja.

  • DICE. Base de datos para a difusión e calidade editorial das revistas españolas de humanidades e ciencias sociais e xurídicas.

  • Digital.CSIC. Este repositorio Institucional pretende reunir documentos de distintos tipos pertencentes a todas as áreas científicas do CSIC, tales como artigos de revistas, capítulos de libros, comunicacións a congresos, documentos de traballo, etc.

  • Directory of Open Access Journals (DOAJ). É unha base de datos que proporciona acceso a máis de 4000 revistas electrónicas gratuitas a texto completo que teñen interese para a comunidade científica e universitaria en ámbitos moi variados como son: agricultura, alimentación, arqueoloxía e historia, bioloxía, dereito e política, química, saúde, etc.

  • DSpace Mit Library. Pertence ás bibliotecas do MIT, é un repositorio institucional, construido para gardar, compartir e buscar os materiais dixitais de investigación do MIT. Inclúe preprints, informes técnicos, working papers, tesis, actas de conferencias, imaxes e máis.

  • Dulcinea. Dereitos de copyright e autoarquivo de revistas científicas españolas.

  • E-Archivo Universidad Carlos III de Madrid. E-Archivo é un repositorio de documentos dixitais, que reune, arquiva e preserva a producción intelectual resultante da actividade académica e investigadora da comunidade universitaria, e ofrece acceso aberto á dita producción. A colección inclúe teses doctorais, revistas editadas pola UC3M, documentos de traballo, preprints, artigos, actas de congresos, informes, etc.

  • E-Ciencia Plataforma dixital de acceso libre á producción científica, xerada polas Universidades públicas da Comunidade de Madrid, que se integran no Consorcio Madroño, e tamén por calquera investigador doutra universidade, institución, OPI, ou de maneira independente, que pretenda e desexe participar na difusión da ciencia en aberto, é dicir, descubrir e transmitir coñecemento á comunidade científica e á sociedade en xeral.

  • E-LIS: E-prints in Library and Information Science. É un arquivo de acceso aberto para documentos científicos ou técnicos, publicados ou non, sobre Biblioteconomía, Ciencias da Información e Tecnoloxía, e outras áreas relacionadas.

  • E-REVIST@S. É un portal de revistas electrónicas españolas e latinoamericanas de acceso aberto (Open access). Orixínase a partir do portal Tecnociencia, realizado dentro dun convenio FECYT-CSIC (2004-2006). Na actualidade o desenvolve persoal especializado pertencente ao Instituto de Estudios Documentales sobre Ciencia y Tecnología (IEDCYT-CSIC), antigo CINDOC (Centro de Información y Documentación Científica).

  • HighWire Press. Creada pola Universidade de Stanford, as súas publicacións atópanse entre as revistas especializadas de maior impacto na literatura científica actual.Especializada en ciencias experimentais, medicina, tecnoloxía e ciencias sociais, gran parte do seu contido é de acceso libre aínda que algunhas revista esixen o pago dunha subscrición para poder visualizar o contido de forma detallada.

  • Inist.Lara. Permite o acceso libre aos informes científicos e técnicos franceses, é multidisciplinar e está alimentado por diferentes laboratorios, institutos, centros de investigación e organismos franceses. Traballa na plataforma de software libre DSpace, e estructura os metadatos mediante o formato Dublin Core.

  • ISOC. Base de datos del Instituto de Estudios Documentales sobre Ciencia y Tecnología (IEDCYT) del CSIC.

  • Latindex É un sistema de Información sobre as revistas de investigación científica, técnico-profesionais e de divulgación científica e cultural que se editan nos países de América Latina, o Caribe, España e Portugal.

  • Library of Congress American Memory American Memory. Proporciona acceso libre e gratuito a través de Internet ás palabras faladas e escritas, grabacións de son, imaxes fixas ou en movemento, grabados, mapas, e as partituras que documentan a experiencia de América.

  • MAGIC Project. Este proxecto establece un novo sistema de colaboración para a recollida, o almacenamento e a utilización da literatura gris en enxeñaría. Trátase de garantir o acceso aos informes técnicos que polo seu detalle e rápida difusión, é o medio preferido polos enxeñeiros.

  • OAIster. Proxecto de OCLC. É un catálogo colectivo de millóns de rexistros de fontes de acceso aberto, que se recolectan desde coleccións de acceso aberto de todo o mundo empregando Open Archives Initiative Protocol for Metadata Harvesting (OAI-PMH). Inclúe máis de 25 millóns de rexistros, de máis de 1100 colaboradores.

  • OpenAIRE (Open Access Infraestructure for Research in Europe). proporciona ferramientas para o depósito das publicacións financiadas pola UE; mecanismos de acceso eficiente a todas as publicacións OA da Unión Europea; soporte en liña para os investigadores que depositan as súas publicacións de investigación; estruturas de apoio para os administradores de repositorios; información sobre as políticas de acceso aberto e as prácticas para investigadores e institucións de investigación.

  • Open Archives Forum (OAForum). Este proxecto europeo ten como misión principal a difusión da actividade europea relacionada cos arquivos- repositorios-bases de datos abertos ou de libre acceso. Participan a Universty of Bath-UKOLN (Reino Unido), Instituto di Scienza e Tecnologie della Informazione-CNR (Italia) e Computer- and Media Service (Computing Center) of Humboldt University (Alemaña)

  • OpenGrey Repository. Repositorio que pertence á rede GreyNet. Sistema para Información sobre Literatura Gris en Europa (SIGLE, System for Information on Grey Literature in Europe), ofrece acceso aberto a máis de 700.000 referencias bibliográficas de literatura gris (en papel) producida en Europa e permite exportar rexistros e localizar os documentos. Inclúe informes de investigación, teses de doutoramento, publicaciónss oficiais, papers de conferencias e outro tipo de literatura gris. Cubre os campos de ciencia, tecnoloxía, biomedicina, economía, ciencias sociais e humanidades. Inclúe prepints das GL conferences (GreyNet International) a texto completo.

  • Oxford Journals. É un dos maiores editores internacionais de revistas de investigación e académicas. A través desta iniciativa, aos autores das comunicacións aceptadas dáselles a opción de poñelas en acceso aberto en liña a través do sitio Web da revista, e os lectores non necesitan unha subscrición para ver os contidos de acceso aberto. Avala o proxecto Oxford Open que aparece xunto co desenvolvemento da iniciativa Open Access, proxecto que analiza o rendemento dos modelos de edición open access.

  • Pleiadi. Portal de literatura científica italiana de acceso aberto e institucional. Da acceso á información internacional pero con especial atención á italiana. É un repositorio institucional dirixido á creación dunha plataforma nacional centralizada da literatura científica presente nos repositorios institucionais.

  • PLoS. É unha organización sen ánimo de lucro que apoia o libre acceso ás revistas científicas, sobre todo da literatura médica e científica, estas revistas non impoñen restricións de acceso nin cotas de mantemento. Contén PLoS Biology y PLoS Medicine.

  • Pubmed É un arquivo dixital de traballos de investigación en bioloxía, medicina e ciencias da saúde. Funciona como un servizo de busca bibliográfica da National Library of Medicine en colaboración con outras institucións. Dá acceso a máis de 11 millóns de referencias de Medline, PreMedline e outras bases de datos relacionadas.

  • RCCAP (Repositório Científico de Acceso Aberto de Portugal). Punto de entrada único para a busca e recuperación de publicacións académicas e científicas, artigos de revistas, documentos de conferencias, teses e disertacións, distribuídas en varios repositorios portugueses.

  • Recercat Depósito de Búsquedas Catalanas. É un repositorio cooperativo de documentos dixitais que inclúen a literatura de investigación das universidades e dos centros de investigación de Cataluña, como artigos aínda non publicados (preprints), comunicacións a congresos, informes de investigación, working papers, proxectos de fin de carreira, memorias técnicas, etc.

  • Recolecta Iniciativa conxunta da Rede de Bibliotecas Universitarias (REBIUN) a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECyT) que ten como obxectivo principal promover a publicación en acceso aberto dos traballos de investigación que se desenvolven nas distintas institucións académicas españolas e facilitar o seu uso e visibilidade á vez que proporciona ferramentas para  a creación de contidos en acceso aberto.

  • Registry of Open Access Repositories (ROAR).  Proporciona unha visión bastante amplia do número de repositorios existentes, ademáis do software de xestión documental utilizado. Mediante unha das súas ferramentas pódese ver a evolución de cada unha das entradas. O máis destacado da análise que xenera información coa evolución do número de rexistros introducidos no repositorio por mes dende a súa introducción no sistema.

  • RESH (Revistas Españolas de Ciencias Sociales y Humanidades). Pretende orientar a evaluadores, autores e investigadores sobre la calidad de las revistas españolas de Humanidades y Ciencias Sociales.

  • Revistas Catalanas de Acceso Abierto (RACO). É un depósito cooperativo dende o que se pode consultar os artigos a texto completo de revistas científicas, culturais e eruditas catalanas.

  • Revistas Científicas de la Universidad Complutense de Madrid. O portal de revistas científicas editadas pola UCM está orientado á difusión da investigación e a apoiar a edición electrónica de revistas científicas no marco desta universidade. Pódense consultar e obter o texto completo das 67 revistas editadas polo Servizo de Publicacións, ademais de aquelas revistas editadas polos departamentos da UCM que queren incorporarse a este proxecto de edición dixital.

  • Revistas universitarias españolas.  Listaxe de aproximadamente 100 títulos de revistas de diferentes materias,  editadas por distintas universidades españolas.

  • RUC. Repositorio Universidade da Coruña Un sistema que proporciona de forma estable e segura a difusión e preservación de documentos dixitais producto da actividade científica e institucional da UDC.

  • Scielo É unHa biblioteca virtual formada por unHa colección de revistas científicas españolas de ciencias da saúde seleccionadas de acordo a uns criterios de calidade preestablecidos.

  • Scirus. Buscador de información científica.

  • Scitation. É un servizo actualizado Online Journal Publishing Service (OJPS). É un recurso especializado no campo da edición on-line científico-técnica e na distribución das revistas electrónicas desde 1996. Inclúe: actas de congresos, enlaces a revistas virtuales, normas e portais en liña. Tamén engade enlaces a importantes fontes de información como son: ISI Web of Science, Medline, Chemical Abstracts Service, SPIN, INSPEC, EDP Ciencias, X-Arkiv, SLAC-agujas e outros.

  • Sparc. É un proxecto integrado por organizacións, universidades e bibliotecas de investigación que ofrece enlaces e recursos, en acceso aberto, de gran interese para a comunidade académica, as institucións ou incluso para os órganos de goberno. Non é un editor, senón que intervén no proceso de comunicación científica apoiando revistas editadas por investigadores e asociacións. Os recursos ofrecidos inclúen guías, materiais de presentación e os manuais elaborados por SPARC.

  • TDX. Teses doctorals en Xarxa. É un repositorio cooperativo que contén, en formato dixital, as teses de doutoramento lidas nas universidades de Catalunya e doutras comunidades autónomas entre elas as da Universidade da Coruña. Xestionado polo Consorci de Biblioteques Universitàries de Catalunya (CBUC) e o Centre de Supercomputació de Catalunya (CESCA), e patrocinado pola Generalitat de Catalunya

  • The Directory of Open Access Repositories - OpenDOAR.  Mantido pola Universidade de Nottingham, Permite a búsqueda dos criterios ou políticas seguidas polo repositorio para o uso e depósito de ficheros, reutilización de metadatos e de preservación, a búsqueda a texto completo nos contidos dos repositorios  encóntranse no seu directorio basado na aplicación Google Custom Search Engine, a creación de gráficos que permiten analizar perfiles de repositorios por distintas variables, e unha internaz máquina-máquina que permite lanzar peticións contra a base de datos de OpenDoar con respostas en ficheros XML.

  • The Scientific World Journal. É unha innovadora publicación en liña con revisión por pares para as ciencias biomédicas, da vida e medioambientais. Proporciona de forma específica o intercambio entre científicos dedicados á biomedicina e científicos medioambientais, a través dunha organización única no mundo editorial. A Scientific World Journal é a organización pioneira da publicación "Open Choice" (opción aberta), que proporciona aos autores a opción de publicar con Open Access.

 

Volver atrás Inicio