|
SECCIÓN DE ACCESO AO DOCUMENTO |
||
Préstamo interbibliotecario (PI) |
||
|
|
|
|
|
|
Para utilizar o servizo de PI, ten que validarse ben coas credenciais de Servizos da UDC ou ben co identificador e contrasinal de PI. Se é a primeira vez que utiliza este servizo ten que darse de alta no sistema de xestión de PI. Recibirá un identificador e un contrasinal. Se desexa asociar a súa conta do servizo de Préstamo Interbibliotecario coas credenciais de servizos da UDC, consulte estas instrucións. Os usuarios externos só poden validarse co identificador e a contrasinal que lles asignen no Servizo de PI.
|
Darse de alta no servizo |
|
Para utilizar este servizo ten que darse de alta no sistema de xestión de Préstamo Interbibliotecario.
1º Cubrir todos os datos do formulario de alta.
2º En canto lle chegue ao seu correo electrónico o identificador e contrasinal:
|
|
Pinche en Realizar unha petición de documento:
|
Terá que cubrir unha solicitude por cada documento ou artigo de revista. É importante que sinale todos os datos bibliográficos posibles para poder localizalos. Se solicita un artigo de revista ou un capítulo dun libro debe indicar as páxinas.
|
Depende de se son documentos electrónicos ou en papel e
da biblioteca á que lle sexan pedidos. Os documentos electrónicos tardan menos de 6 días (o 67% deles). Os préstamos
de orixinais tardan máis, xa que nolos mandan por correo postal. |
No seu correo electrónico recibirá unha detallada comunicación da tramitación das súas peticións: onde se solicitan, cando se reciben, as reclamacións que se fagan, a fonte de referencia (se os datos non abondan para identificar o documento), etc.
|
Poden chegar en papel ou en formato electrónico. Os documentos en papel envíanse por correo interno. Os documentos en formato electrónico están depositados no servidor de gtbib. Como se descargan os documentos do servidor. Para visualizar os documento en pdf, ten que ter instalado
o Adobe Reader no seu pc. Os documentos en formato tiff
necesitan o programa IrfanView. Pode
descargar gratuítamente
este programa seguindo as indicacións que lle indicamos na
guía de instalación. |
Se o libro vén dalgunha biblioteca universitaria española, llo enviaremos á biblioteca do seu centro para que o poda levar en préstamo durante o tempo que se lle indica. Se o libro vén de bibliotecas estranxeiras ou bibliotecas españolas, que non prestan os libros ao usuario final, ten que vir consultalo á Biblioteca Central do Campus de Elviña ou á Biblioteca do Patín no Campus de Ferrol.
Os libros de préstamo interbibliotecario levan unha banda amarela na que se indica a data de devolución. Ademáis, no seu menú de usuario pode ver os préstamos e a data de devolución.
|
Tarifas orientativas |
|
O préstamo interbibliotecario está suxeito ás tarifas que establezan os centros provedores. Segundo o punto 6.2 das Normas de uso do Préstamo interbibliotecario, para os membros da comunidade universitaria, os custos do PI son asumidos polo Servizo de Biblioteca Universitaria, sempre que non superen a cantidade de 60 €. Os alumnos de grao ou asimilados ao primeiro ciclo terán que ter autorización dalgún profesor. Poden descargar neste enlace o modelo de autorización.
Prezos do ano 2013 para os usuarios da UDC:
Cada volume orixinal prestado: 8,00 €
Copias ata 40 páxinas (fotocopias, pdf ou tiff, etc.): 5,90 € Copias de máis de 40 páxinas: 1,00 € por cada bloque de 10 Outras bibliotecas españolas e bibliotecas estranxeiras: o prezo que estableza cada provedor. Prezos do ano 2013 para as bibliotecas solicitantes:
Cada volume orixinal prestado: 8,00 €
Documentos orixinais: 2 IFLA voucher = 16 euros
|
Contacto |
|
Enderezo e persoas de contacto: Biblioteca Central Persoal: Yolanda Calvo Díaz, ext. 5676
|
|
|