- Quen pode utilizar o servizo de préstamo
interbibliotecario?
Son usuarios de préstamo interbiblitecario todos os membros da comunidade
univerisitaria da UDC e as persoas autorizadas segundo as "Normas
de uso do préstamo do Préstamo Interbibliotecario".
- Que teño que facer para darme de alta neste
servizo?
O primeiro de todo, é
darse de alta como usuario
deste servizo para poder xestionar as súas peticións. Unha vez que cubra o
formulario de alta recibirá no seu correo electrónico o seu usuario e
contrasinal que lle permitirá facer as peticións.

- Olvidei a miña contrasinal
Na mesma pantalla de autentificación, ofréceselle a opción de recordar a
contrasinal que se lle comunicará no seu correo electrónico. Tambén pódenos
chamar a: 981 16 70 00, extensións 5675, 5676, 5677

- Que datos teño que cubrir para darme de
alta?
É importante que no formulario de alta indique:
O seu enderezo na Universidade:
a Facultade, Departamento ou Servizo
O
CARGO, é dicir,
o tipo de usuario:
- Profesor
- Alumno de 3º ciclo
- Alumno de 1º ou 2º ciclo
- Persoal de Administración
e Servizos
- Usuario autorizado.
en Notas: datos alternativos como a súa dirección persoal,
outros teléfonos, etc.
- Cando podo comezar a facer peticións?
Cando reciba, por correo electrónico, o seu
código e contrasinal poderá
realizar peticións, consultar o estado das súas solicitudes, facer
reclamacións, etc.

Terá que cubrir unha solicitude por cada
documento. E importante que sinale todos os datos posibles para poder
localizalos. Se solicita un artigo de revista ou un capítulo dun libro debe
indicar as páxinas.

- Canto tempo tardan en chegar os
documentos?
Depende de que se trate de documentos electrónicos ou en papel. Tambén
dependa da biblioteca á que se lle pediran os documentos.
- Como sei que me chegou o que pedín?
No seu correo electrónico
recibirá unha detallada comunicación da tramitación das súas peticións,
é dicir, onde se solicitan, cando se reciben, as reclamacións que se fagan,
a fonte de referencia (se os datos non abondan para identificar o
documento), etc.

- Como chegan os artígos de revista?
Poden chegar en papel ou en formato electrónico. Os documentos en
papel envíanse por correo interno. Os documentos en formato
electrónicos, remitímolos por correo electrónico ou os depositamos
no repositorio de gtbib, dependendo do tamaño do arquivo.
- Como visualizar os documentos en formato
electrónico?
Para visualizar os documento en pdf, ten que ter instalado
o adobat reader no seu pc. Os documentos en formato tiff
necesitan o programa irfan view. Vostede pode descargar gratuitamente
este programa seguindo as indicacións que lle indicamos na
guía de instalación.
- Donde podo consultar os libros que solicitei por préstamo interbibliotecario?
Se o libro ven dalgunha biblioteca universitaria española, llo enviaremos
á biblioteca do seu centro para que o poda levar en préstamo durante o tempo
que se lle indica.
Se o libro ven de bibliotecas estraxeiras ou bibliotecas españolas, que
non prestan os libros ao usuario final, ten que vir consultalos à Biblioteca
Central do Campus de Elviña ou à Biblioteca do Patín no Campus de Ferrol.
- Canto tempo teño para consultar os libros?
Os libros de préstamo interbibliotecario levan unha banda amarela na que
se indica a data de devolución. Ademáis, no seu menú de usuario pode ver os
préstamos e a data de devolución.

Máis información en:
|