SECCIÓN DE ACCESO AO DOCUMENTO

Préstamo interbibliotecario PI

Cómo descargar documentos do Servidor de GTBIB

 

Cada vez é máis frecuente que, cando se solicitan documentos a través do servizo de Préstamo Interbibliotecario (PI), éstes cheguen en formato electrónico. Por iso, o programa de xestión de PI  GTBIB – SOD incorpora un servidor no que se almacenan temporalmente os documentos para que os usuarios podan descargalos. Desta maneira, tratamos de evitar os problemas do envío de ficheiros a través do correo electrónico (tamaño dos ficheros, fallos de conexión, etc.).

Ao seu correo electrónico chega unha mensaxe na que se lle indica que o documento, que vostede solicitou, está dispoñible no servidor de GTBIB.

 

Para descargar o documento, ten que picar na url. Ábrese a pantalla do seu menú de usuario, na que lle indica que ten un documento para descargar.

Unha vez que o descargue, borre o documento do servidor.

 

Sección de Acceso ao Documento. Préstamo Interbibliotecario    
Telf. 981 16 70 00  ext. 5675, 5676, 5677   
Fax 981 16 70 15   

sod@udc.es

Volver atrás Inicio