RefWorks: xestor de bibliografías

refworks2_0

RefWorks pódese empregar desde calquera ordenador conectado a Internet, pero antes é necesario crear unha conta persoal desde un ordenador pertencente á Universidade da Coruña. Unha vez rexistrado recibirá un correo electrónico de benvida co seu nome de usuario/a e contrasinal.

RefMobile é unha funcionalidade que permite acceder a RefWorks desde un dispositivo móbil con conexión a Internet. Para iso hai que introducir a URL http://refworks.com/mobile no navegador do dispositivo, e acceder introducindo o código de grupo: RWUAC , nome de usuario/a e contrasinal.

A ferramenta RefShare deixa compartir as referencias con outros colegas ou poñelas a disposición da comunidade universitaria como bibliografía recomendada do curso.

Write-N-Cite é unha utilidade que permite empregar unha versión abreviada de RefWorks en Microsoft Word. Pódese acceder ás referencias a través de carpeta ou subcarpeta, a través da busca rápida ou a través de todas as referencias. Write-N-Cite, permite citar referencias nun manuscrito con só un clic e ver o formato do escrito instantaneamente incluíndo citas no texto, notas ao pé e a bibliografía.

Axuda:

 

Outros xestores bibliográficos