Pórtico-SFX

portico

Pórtico é o portal de acceso e busca nos múltiples recursos de información dos que dispón a Biblioteca da Universidade da Coruña.

A través del poderanse localizar e coñecer os recursos dispoñibles na área temática de interese e enlazar ao texto completo se dispoñen deste.

Ademais Pórtico inclúe o xestor de enlaces SFX. O xestor de enlaces facilita os medios para obter o texto completo, comprobar se a biblioteca dispón da versión impresa, solicitar o documento a través do servizo de préstamo interbibliotecario, consultar o factor de impacto, acceder á táboa de contidos ou resumos, buscar outros documentos do autor, exportar citas a RefWorks, etc.

Axuda: