Outros xestores bibliográficos

zotero

Zotero é un xestor de bibliografía gratuíto elaborado con software libre que se integra na web e que funciona como complemento ou extensión do navegador Mozilla Firefox. Para utilizalo con outro navegador, a súa versión Zotero Standalone permite ser instalada como aplicación independente de Firefox.

 

mendeley

Mendeley é un xestor de referencias libre e multiplataforma (Mac, Windows e Linux) que dispón de versión local e de versión web, coa posibilidade de sincronizar as dúas automáticamente. Os seus creadores inspiráronse para facelo na web Last.fm, unha rede social de radio vía Internet para a recomendación de música con perfís persoais e estatísticas de uso.
Un elemento que o fai único é que dispón dunha ferramenta estatística avanzada onde podemos atopar estatísticas dos autores, das materias máis utilizadas na nosa área e das nosas referencias compartidas.

 

jabref

JabRef é un xestor bibliográfico de código aberto. O formato de arquivo nativo que emprega é BibTeX, o formato de bibliografía estándar da bibliografía no sistema de composición de textos LaTeX. Execútase na máquina virtual de Java (versión 1.5 ou posterior), e funciona en Windows, Linux e Mac OS X.


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000