LibX

libx

LibX é unha aplicación que permite acceder aos recursos de calquera catálogo bibliográfico -neste caso, do catálogo da BUDC- desde unha barra de busca instalada directamente no navegador, sempre que este sexa Mozilla Firefox ou Google Chrome.

A súa funcionalidade principal consiste en que fai buscas directamente desde o navegador no catálogo da BUDC, opción que ven determinada por defecto. Porén, pode utilizarse tamén para buscar en SFX, Google Scholar ou CiteULike. Permite seleccionar os campos nos que realiza a procura e ademais combinalos. Inclúe outras utilidades, como a posibilidade de extrapolar buscas feitas noutros buscadores ou servizos (Google, Amazon, etc.) ao catálogo bibliográfico.

A edición de LibX máis útil para a comunidade da UDC é a do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (BUGALICIA), que poderemos descargar desde LibX.org. Tamén pódese descargar aquí. Instalarase a versión correspondente ao navegador que esteamos utilizando. Nesa mesma páxina pódense consultar con maior detalle todas as funcionalidades de LibX.

Na web de Madroño dispoñen dalgúns videotitoriais que, aínda que se refiren á edición de LibX personalizada para o dito consorcio, poden ser de bastante axuda: videotitoriais sobre a aplicación do Consorcio Madroño