Hot Articles from BX

 

BX Hot-Articles é un servizo gratuíto que achega aos nosos móbiles os 10 artigos académicos máis destacados nas áreas de ciencia, empresa, dereito, medicina, enfermaría, psicoloxía, ciencias sociais e outras disciplinas académicas.

O seu algoritmo de relevancia baséase no cruce de información sobre as tendencias de uso de múltiples institucións e millóns de investigadores ao redor do mundo.

BX Hot-Articles axuda a permanecer ao corrente dos avances que se producen en cada campo de investigación e facilita a exploración científica permitindo:

  • Ver que artigos académicos foron máis populares entre os investigadores de cada campo nas últimas semanas.
  • Canalizar cara ao texto completo en formato electrónico e aproveitar mellor a subscrición de cada institución.
  • Enviar a referencia dos artigos por correo electrónico.
  • Recibir unha notificación cada vez que a listaxe se actualiza.

Pódese consultar bX Hot-Articles desde a imaxe da parte superior desta páxina ou desde o teléfono móbil.

Axuda:

Guía para instalar a aplicación no móbil