Google Académico

googacademico

Google Académico permite buscar bibliografía especializada de maneira sinxela. Desde un único sitio pódense realizar procuras nun gran número de disciplinas e fontes, por exemplo, estudos revisados por especialistas, teses, libros, resumos, artigos, informes técnicos e outra literatura de editoriais, sociedades profesionais, universidades e outras organizacións académicas.

Características:

  • Busca en diversas fontes desde un único sitio.
  • Atopa traballos académicos, artigos, autores, resumos e citas.
  • Localiza o documento a texto completo (se o hai) a través da túa biblioteca ou na rede. Os recursos electrónicos subscritos pola BUDC están dados de alta en Google Académico, polo tanto, se entre os resultados da procura hai algún cuxo texto completo se atopa nela, sairá unha mensaxe que o indicará, sempre que a busca se faga no dominio udc.es. Tamén pódese configurar para que se vexan os recursos da BUDC fóra deste dominio.
  • Mantén aos investigadores ao día dos recentes desenvolvementos en calquera área do coñecemento.
  • Permite comprobar quen está a citar as publicacións dun autor, e crear un perfil de autor público.

Como clasifica os artigos?

Google Académico ordea os resultados da busca por orde de relevancia, así, igual que sucede coas procuras web en Google, as referencias máis útiles aparecen ao inicio da páxina. A tecnoloxía ranking de Google considera o texto completo de cada artigo, o autor, onde foi publicado e con que frecuencia é citado noutras fontes especializadas.

Cada canto tempo é actualizado Google Académico?

As actualizacións para novos contidos fanse varias veces por semana. As actualizacións para contidos existentes levan máis tempo (desde meses ata un ano), xa que teñen que voltar ser recollidos e indexados.

Axuda:

Axuda de Google Académico

Suxestións para a busca avanzada

Delgado López-Cózar, E.; Torres-Salinas, E.D. Cómo utilizar Google Scholar para mejorar la visibilidad de tu produccíón científica. Grupo EC, Granada, 2013.