EndNote Web: xestor de bibliografías

 Endnoteweb

EndNote Web é o xestor bibliográfico baseado en web que proporciona a base de datos ISI Web of Knowledge a través da FECYT para axudar ao persoal investigador e estudantado a xestionar as súas bibliografías e incorporalas aos seus traballos.

Permite:

  • Recuperar rapida e facilmente referencias dunha ampla variedade de fontes de datos en liña como PubMed e ISI Web of Knowledge mediante a exportación directa, a busca en liña ou a importación de arquivos de texto.
  • Almacenar ata 10.000 referencias na súa propia biblioteca protexida por contrasinal.
  • Compartir referencias con outros usuarios de EndNote Web.
  • A ferramenta Cite While You Write para Word permite introducir referencias de forma instantánea.

Cómpre rexistrarse antes de utilizalo: para crear un perfil de usuario hai que entrar na pantalla principal da ISI Web of Knowledge e facer clic en 'Sign in'. Despois hai que pulsar 'Register' e seguir as instrucións.

Para acceder existen dous xeitos:

Axuda:

 

Outros xestores bibliográficos


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000