Que é o catálogo e que podo atopar nel?
Como podo acceder á bibliografía que recomenda o profesorado?
Podo imprimir ou gardar os resultados das buscas?
Que información ofrecen os rexistros do catálogo?
É unha base de datos que permite buscar que obras ten a Biblioteca e indica a súa localización e dispoñibilidade. Estas obras pódense atopar en soporte papel ou electrónico: libros, revistas, xornais, películas, mapas, CDs de música, etc.
Hai un buscador específico de bibliografía recomendada que permite buscar polo nome do profesor ou da materia de clase no catálogo.
Si, os rexistros pódense imprimir, gardar ou enviar por correo electrónico. Para facelo é necesario primeiro gardalos (coa icona da cesta), velos e exportalos.
> Os datos básicos de identificación do libro ou revista: autor, título, publicación, edición, descrición física, materia, ISBN/ISSN, etc.
> Os datos da súa localización na UDC: en que biblioteca está e a súa situación nos andeis.
> A súa dispoñibilidade (se está prestado ou non) e o tipo de préstamo que ten (normal, fin de semana, etc.)
> Nas revistas, os números que hai.
> Nos recursos electrónicos (bases de datos, revistas e libros electrónicos), un enlace ao recurso.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000