Uso e atención na sala

Pódese pedir axuda ao persoal da biblioteca?
Roubáronme ou perdín algo, a quen debo dirixirme?
Poden usarse os ordenadores da biblioteca para conectarse a Internet?
Que podo imprimir na impresora?
Podo comer ou beber na sala?
Podo reservar sitios?
Podo usar o móbil?
Podo usar o meu ordenador portátil?
Que fago se o meu portátil non detecta a rede, ou a detecta pero non podo acceder?
Cómo conectarme a rede WIFI nas bibliotecas?

Pódese pedir axuda ao persoal da biblioteca?

Todo o persoal da biblioteca está a disposición do usuario/a. Ademais, existe persoal especializado para atender cada unha das actividades e servizos que se levan a cabo nas bibliotecas. De precisar axuda en calquera aspecto, non dubide en solicitala no mostrador nin en poñerse en contacto connosco a través do teléfono ou do correo electrónico: directorio de todas as bibliotecas.

Roubáronme ou perdín algo, a quen debo dirixirme?

Cada usuario é responsable dos obxectos persoais que introduce nas bibliotecas e da súa vixilancia. Pode comunicar a súa perda ou roubo no mostrador de préstamo ou dar aviso en conserxaría. Aconsellamos non deixar ningún obxecto persoal de valor (ordenador portátil, calculadora, carteira, ...) sen custodia.

Poden usarse os ordenadores das bibliotecas para conectarse a Internet?

As bibliotecas contan con ordenadores con acceso libre a Internet, aínda que están destinados principalmente á consulta do catálogo e dos recursos incluídos na páxina web da biblioteca. En todo caso, os/as usuarios/as que utilicen os ordenadores para tarefas relacionadas coa biblioteca terán prioridade sobre os demais, tendo dereito a pedir a cesión do sitio de ser necesario.

Que podo imprimir na impresora?

En xeral, calquera cousa relacionada con buscas de información documental ou bibliográfica, normalmente haberá que levar o papel. Non se poden imprimir traballos nin temas de clase.

Podo comer ou beber na sala?

Non. A razón é a de evitar que se manchen ou estraguen os libros, as revistas ou o mobiliario da biblioteca.

Podo reservar sitios?

Non. A biblioteca está destinada a calquera persoa que necesite dela. Por tal motivo, os sitios que haxa libres deben estar dispoñibles para que calquera usuario poda acceder aos seus servizos.

Podo usar o móbil?

Pódese usar pero non para falar, xa que pode distraer e molestar ao resto dos/as usuarios/as. Debe telo en silencio ou apagado.

Podo usar o meu ordenador portátil?

Si, sempre que os altofalantes estean apagados para non molestar ao resto de usuarios/as. Ademais, en caso de que o portátil teña tarxeta de rede sen fíos, poderá acceder a Internet a través da rede WiFi da Universidade. Para o seu uso é necesario terse dado de alta no xestor de identidade corporativa da UDC.

Que fago se o meu portátil non detecta a rede, ou a detecta pero non podo acceder?

Debes acudir ao contacto de UDCWiFi.

Cómo conectarme á rede wifi nas bibliotecas?

Para ver toda a información da rede sen fios na UDC, consulta a seguinte páxina: http:/www.udc.es/rede/wifi/. Este servizo está dispoñible para a comunidade universitaria e visitantes doutras institucións, que estean asociadas ao proxecto eduroam.