RefWorks

Que é Refworks?
Como acceder e crear unha conta?
Como podo incorporar referencias na miña conta?
Como podo organizar os rexistros?
Como podo editar una referencia ou facer cambios globais?
Como achegar arquivos ás miñas referencias?
Como podo crear unha listaxe de referencias bibliográficas?
Como podo citar e xerar a bibliografía nos meus artigos e traballos?
Como podo compartir a miña bibliografía?
Como podo crear o meu propio formato bibliográfico?
Como crear un formato bibliográfico con anotacións?
Como podo comprobar os rexistros duplicados?
Como podo facer copias de seguridade?
Podo importar de RefWorks as referencias doutros xestores de bibliografías?
Podo exportar referencias deRefWorks a outros xestores de bibliografías ou bases de datos?
Que podo facer cos meus rexistros se deixo de ter acceso a Refworks?
Como podo configurar Google Académico para poder importar os resultados directamente a RefWorks?

Que é RefWorks?

RefWorks é unha ferramenta en liña que permite importar, organizar, exportar e compartir referncias bibliograficas.

Estas referencias son útiles para  realizar bibliografías de artigos, traballos, teses de doutoramento, etc. Simplemente habería que escoller o formato bibliográfico desexado.

Para información máis detallada consulte o seguinte pdf: Guía básica de RefWorks 2.0 e os titoriais en liña que explican todas as funcionalidades dispoñibles: titoriais de RefWorks

Como acceder e crear unha conta?

Entrar en https://www.refworks.com/refworks e introducir o nome de usuario e contrasinal persoal.

Os novos usuarios deben "rexistrarse e crear unha nova conta" seguindo as instrucións que se indican na pantalla.

Os usuarios que accedan a RefWorks desde fóra da UDC deben autenticarse antes como membro da comunidade universitaria en Servizos UDC; ou introducir o código de grupo RWUAC, antes que o nome de usuario e contrasinal.

Como podo incorporar referencias na miña conta?

RefWorks ofrece diversas opcións para agregar datos:

  • Importación directa de datos
  • Conversión de referencias doutros xestores bibliográficos (EndNote, por exemplo)
  • Importación de datos a partir de arquivos .txt gardados
  • Importación de fontesRSS.
  • Inrodución manual de referencias bibliográficas
  • Importación de bases de datos ou catálogos en liña (o catálogo da BUDC está entre os dispoñibles

Como podo organizar os rexistros?

Os rexistros organízanse por carpetas. Pulsando na pestana "Organizar e compartir carpetas" aparecen as carpetas creadas e o número de referencias por carpeta.

Como  podo editar unha referencia ou facer cambios globais?

Para editar unha referencia, pulsar na icona "editar", Á dereita de cada referencia.

Para facer un cambio global, pulsar na icona "editor global", na parte superior da listaxe  de referencias.

Como achegar arquivos ás miñas referencias?

Para achegar documentos (pdf, word, ppt, etc.), pulsar na icona "editar", á dereita e de cada referencia.

Na casa "adjuntos" atopará os botons "examinar" e "agregar adjuntos" para localizar o documento no seu ordenador e agregalo

Como podo crear unha listaxe de referencias bibliográficas?

Para crear unha listaxe de bibliografía no formato desexado, pulsar na icona "Crear bibliografía". Na ventá emerxente seleccionar o formato bibliográfico, a carpeta e o tipo de arquivo no que se quere a bibliografía.

Como podo citar e xerar  a bibliografía nos meus artigos e traballos?

Primeiro descargar a utilidade Write-N-Cite desde "Herramientas/Write-N-Cite".

Unha vez instalada, poderá traballar con Write-N-Cite desde o menú de Microsoft Word (qu é no programa onde queda integrado):

  1. Abrir Word
  2. Identificarse co nome de usuario, contrasinal de RefWorks e o código de grupo
  3. Seleccionar o estilo bibliográfico
  4. Pulsar en "Insertar cita"
  5. Pulsando con doble clic sobre a cita, pode editala e engadir páxinas.
  6. Ao seleccionar "Opciones de bibliografía" pode inserir a bibliografía ao final do documento

Como podo compartir a miña bibliografía?

Pulsar na pestana "Organizar y compartir carpetas" e seleccionar a icona cunha flecha situado á dereita da carpeta que desexa compartir.

Na ventá emerxente aparece o enlace a esa carpeta e permite definir condicións máis específicas.

Como podo crear o meu propio formato bibliográfico?

Para modificar ou crear os seus propios formatos bibliográficos, acceder a "Bibliografía  > Editor de Formatos Bibliográficos"

Consultar tamén este titorial en ingés

Como crear un formato bibliográfico con anotacións?

O primeiro paso é elixir o campo de cada  rexistro bibliográfico onde van ir as anotacións. este pode ser o campo de "Notas" ou "Usuario" que son de uso libre.

É preciso seguir os pasos que indica este manual creado por RefWorks

Como podo comprobar os rexistros duplicados?

Refworks permite comprobar se existen duplicados na súa base de datos en "Ver / Duplicados".

Como podo facer copias de seguridade?

É recomendable facer copias dde seguridade mediante a opción " Herramientas > Copias de seguridad y restaurar".

Podo importar a RefWorks as referencias doutros xestores de bibliografías?

Para importar as referencias doutros xestores de bibliografías (Endnote web, Zotero, etc.),

seguir as instrucións do manual de axuda de RefWorks para cada xestor.

Podo exportar referencias de RefWorks a outros xestores de bibliografías ou bases de datos?

Para exportar as referencias a  outros xestores de bibliografías (Endnote Web, Zotero, etc.) ou outras bases de datos, seguir as instrucións do manual de axuda de RefWorks para  cada xestor

Que podo facer cos meus rexistros se deixo de ter acceso a Refworks?

Pode exportar as referencias de RefWorks a outros xestores de bibliografía (Endnote Web, zotero, etc.) ou bases de datos; ou pasar  os datos a un ficheiro delimitado para poder traballar con calquera tipo de base de datos ou de xestor biblográfico, mediante a opción "Referencias - Exportar". Para máis información consulte a guía de Refworks

Como podo configurar Google Académico para poder importar os resultados directamente a RefWorks?

En Google Académico no apartado "Configuración de Google Académico" na sección "Xestor de bibliografía" seleccionar "Mostrar enlaces para importar citas a RefWorks", para que cada vez que realice unha busca ofreza un enlace para importar resultados a RefWorks.