Recursos electrónicos

Que tipos de recursos de información hai?
Onde podo atopar os recursos dispoñibles?
Desde onde podo consultaros recursos de información?
Existen restricións de uso?
Como fago para acceder aos recursos desde fóra da UDC?
Podo consultalos desde o meu ordenador portátil?
Que fago se teño algún problema co acceso aos recursos?
Que fago se meu portátil non detecta a rede, ou a detecta pero non podo acceder?

Que tipos de recursos de información hai?

Coleccións dixitais da Biblioteca: bases de datos, revistas electrónicas, libros electrónicos e RUC (repositorio institucional da UDC)

Outros recursos electrónicos gratuítos.

Recursos en acceso aberto.

Onde podo atopar os recursos dispoñibles?

Na páxina da Biblioteca Universitaria están presentes todos estes recursos.

No catálogo están incluídas as bases de datos, revistas electrónicas e libros electrónicos aos que está suscrita  a Biblioteca.

A través de Pórtico, o portal de acceso e busca de libros-e e revistas-e

Desde onde podo consultar os recursos de información?

Os recursos en liña poden consultarse desde calquera ordenador  conectado a internet, tanto na propia Universidade como fóra da UDC (o acceso desde fóra está reservado só aos membros da comunidade universitaria: estudantado, PDI e PAS).

Existen restricións de uso?

Algúns recursos poden ter restricións como o número de usuarios que podan consultalos á vez, limite de descargas, de páxinas para imprimir, etc.

O uso destes recursos sempre debe ser con fins de investigación e/ou docencia e nunca para uso comercial. 

Como fago para acceder aos recursos desde fóra da UDC?

Autenticándose como membro da comunidade universitaria: profesor (PDI), estudante ou persoal de administración e servizos (PAS).

Podo consultalos  desde o meu ordenador portátil?

Si, sempre que o portátil teña tarxeta de rede sen fíos, poderá acceder a Internet a través da rede WiFI da Universidade. Para o seu uso é necesario terse dado de alta no xestor de identidade corporativa da UDC.

Que fago se teño algún problema co acceso aos recursos?

Se ten algún problema coa configuración do acceso, contacte co Centro de Atención a Usuarios (CAU), cau.sic@udc.es, tel. 981 167 000, extensión 2222

Se ten algún problema co acceso aos contidos dos proveedores, diríxase á Sección de xestión das coleccións, adquisiciones.bib@udc.es, tel. 981 167 000, extensións 5669, 5689, 5670.

Que fago se o meu portátil non detecta a rede, ou detecta pero non pode acceder?

Contactar con UDCWIFI.


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000