Préstamo interbibliotecario

Que é o préstamo interbibliotecario?
Quen pode utilizar o servizo de préstamo interbibliotecario? É gratuíto?
Como podo utilizar este servizo?
Como solicito os documentos?
Como se reciben os documentos?
Onde teño que consultar os libros solicitados a outras bibliotecas?
Canto tempo teño para consultar os libros?
Como descargar os documentos do servidor de GTBib?
 

Que é o préstamo interbibliotecario?

É un servizo que permite poñer a disposición dos nosos usuarios aqueles libros ou documentos que non se atopan en ningunha das bibliotecas da UDC.

Quen pode utilizar o servizo de préstamo interbibliotecario? É gratuíto?

Poden utilizar este servizo todos os membros da comunidade universitaria e os usuarios externos autorizados.
Os membros da comunidade universitaria non teñen que pagar os gastos derivados deste servizo, que está sometido ás tarifas que establecen as bibliotecas subministradoras (agás que superen os 60 euros).
Os usuarios externos teñen que pagar os custos das peticións que se lles subministren.

Como podo utilizar este servizo?

Para utilicar este servizo o primeiro que ten que facer é rexistrarse no programa de xestión do PI e recibirá as súas claves de validación. Se é membro da comunidade universitaria pode asociar as súas claves de validación do PI coas credenciais de servizos da UDC.

Como solicito os documentos?

Recorde que antes de solicitar un documento por préstamo interbibliotecario debe consultar o noso catálogo para verificar que non se encontra nalgunha das bibliotecas da UDC.
Para entrar no seu 'menú de usuario' pique no enlace Préstamo interbibliotecario: acceso e, a continuación, no botón "Realizar una petición de documento"
Abrése o formulario de solicitude donde ten que cubrir todos os datos necesarios para identificar o libro ou artigo. É necesario encher unha solicitude por cada documento.
No seu correo electrónico recibirá información do estado da tramitación das súas peticións: a que biblioteca se pediu o documento, cando chega, etc.

Como se reciben os documentos?

Os documentos que chegan en formato electrónico os depositamos no servidor do programa de xestión do PI para que os usuarios os poidan descargar. Vostede recibirá unha mensaxe no seu correo electrónico notificándolle que ten que descargar o documento e a url onde o ten que descargar. Se pasado un tempo non o consulta, borrarase do servidor. Consulte a seguinte guía para o procedemento de descarga.
Para visualizar os documento en pdf, ten que ter instalado o Adobe Reader no seu pc. Para os documentos en formato tiff, necesítase ter instalado no seu ordenador o programa IrfanView. Pódeo descargar gratuítamente de internet seguindo as indicacións desta guía de instalación.
Os artigos que chegan en formato papel, enviarémosllos por correo interno a súa facultade ou departamento.

Onde teño que consultar os libros solicitados a outras bibliotecas?

Se o libro vén dunha biblioteca universitaria española, enviarémosllo á biblioteca do seu centro para que o poda levar en préstamo durante o tempo que se lle indica.
Se o libro vén dalgunha biblioteca estranxeira ou española - que non prestan os libros ao usuario final -, ten que vir consultalo á Biblioteca Central no Campus de Elviña ou á Biblioteca do Patín no Campus de Ferrol.

Canto tempo teño para consultar os libros?

Os libros de préstamo interbibliotecario levan unha banda amarela na que se indica a data de devolución. Ademais, no seu 'menú de usuario' pode ver os préstamos e a data de devolución.

Como descargar os documentos do servidor de GTBib?

Cada vez é máis frecuente que, cando se solicitan documentos a través do servizo de Préstamo interbibliotecario, éstes cheguen en formato electrónico. Por iso, o programa de xestión de PI, GTBIB incorpora un servidor no que se almacenan temporalmente os documentos para que os usuarios podan descargalos. Desta maneira, tratamos de evitar os problemas do envío de ficheiros a través do correo electrónico (tamaño dos ficheros, fallos de conexión, etc.).
Ao seu correo electrónico chega unha mensaxe na que se lle informa que o documento, que vostede solicitou, está dispoñible no servidor de GTBIB. Ten que picar no enlace que se lle indica para descargar o documento
Ábrese o seu menú de usuario, no que verá que ten un documento pendente de recoller. Pique no documento e a continuación no botón descargar. Unha vez que o consulte, e importante que borre o documento do servidor.

 

Para saber máis do funcionamento deste servizo consulte a seguinte ligazón.