O meu rexistro

Como acceder a "O meu rexistro"?
Que podo facer a través de “O meu rexistro”?
Como podo reservar un libro que está prestado?
Podo saber que libros tiven en préstamo no pasado?
 

Como acceder a "O meu rexistro"?

Indicando os seus apelidos e nome, e o código de barras e o pin da súa tarxeta universitaria. Instruccións para recuperar o pin.

Que podo facer a través de “O meu rexistro”?

• Consultar e renovar os seus préstamos
• Reservar documentos, consultar e cancelar as reservas
• Gardar e consultar o seu historial de lectura
• Acceder á consulta do catálogo
• Seleccionar e gardar as súas buscas preferidas
• Solicitar alertas por correo electrónico de novas incorporacións ao catálogo de documentos que coincidan coas súas buscas preferidas
• Crear listas con documentos do catálogo que lle interesen

Como podo reservar un libro que está prestado?

Cando un libro está prestado existe a posibilidade de efectuar unha reserva, de xeito que, cando o devolvan, a biblioteca avisarao por correo electrónico e gardará o libro durante 48 horas. As reservas pódense realizar no mostrador da biblioteca ou por Internet, a través da ligazón O meu rexistro, pero non por teléfono.

Podo saber que libros tiven en préstamo no pasado?

Si, consultando o historial de préstamos en O meu rexistro. O seu funcionamento está explicado neste videotitorial elaborado pola Biblioteca da Facultade de Ciencias.
Tede en conta que se é a primeira vez que accededes tedes que activalo previamente.
Só aparecerán datos dos documentos prestados despois da activación.

 

Máis información na guía de uso de “O meu rexistro”.