Que é a formación de usuarios?
Ofrece a biblioteca algún curso de formación?
Como podo inscribirme aos cursos?
Que son os bibliotecarios temáticos?
Existe algún material de apoio aos cursos de formación?
A formación de usuarios consiste na ensinanza dos produtos postos a disposición da comunidade universitaria pola Biblioteca, co obxectivo principal de conseguir que os usuarios utilicen cada vez máis os nosos recursos.
O Servizo de Biblioteca da UDC organiza periodicamente cursos sobre o uso dos seus servizos, catálogo... e sobre recursos concretos. Anúncianse con antelación mediante carteis e actualizacións de estado na páxina web da UDC, na páxina web da Biblioteca e no Facebook da Sección de Información e Referencia.
Máis información na seguinte ligazón.
Para inscribiros aos cursos utilizade o seguinte formulario de inscrición.
Son os bibliotecarios especializados nunha materia determinada.
Si, na plataforma de teleensino MOODLE e tamén nos apartados de apoio á aprendizaxe e apoio á investigación da páxina da Biblioteca.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000