Solicitar o carné de usuario externo

Non son membro desta universidade, podo utilizar a biblioteca e sacar libros en préstamo?
Que teño que facer para solicitar o carné de usuario externo?
Onde presentar a solicitude?
Onde podo recoller a tarxeta unha vez solicitada?
Cal é a vixencia da tarxeta de usuario externo?
Cales son as condicións de préstamo para os usuarios externos?
 

Non son membro desta universidade, podo utilizar a biblioteca e sacar libros en préstamo?

A biblioteca está aberta a calquera que precise usar os seus fondos, pero algúns servizos están restrinxidos aos usuarios, como no caso do préstamo.
As persoas alleas á Universidade poden solicitar o carné de usuario externo autorizado, o que lles permitirá utilizar este servizo (punto 2.2 das Normas de préstamo do Servizo de Biblioteca da UDC).

Que teño que facer para solicitar o carné de usuario externo?

É necesario cubrir este formulario: "solicitude para o uso do servizo de préstamo da Biblioteca" e acompañalo dunha fotocopia do DNI ou pasaporte.

Onde presentar a solicitude?

Pode presentar a solicitude en calquera biblioteca da UDC ou no Servizo de Biblioteca Universitaria (Edif. Xoana Capdevielle, Campus de Elviña, A Coruña).
Tamén pode enviar por correo electrónico o formulario e o DNI escaneados ao seguinte enderezo: accesodoc.bib@udc.es

Onde podo recoller a tarxeta unha vez solicitada?

Enviaranlla á biblioteca onde a solicitou ou por correo postal ao seu domicilio, segundo a opción seleccionada no formulario.
Mentres non a reciba pode solicitar os préstamos presentando o DNI.

Cal é a vixencia da tarxeta de usuario externo?

Ten a vixencia dun ano a partir da data da emisión, polo tanto, debe renovar a tarxeta cada ano.
Para a renovación só ten que enviar novamente o formulario cuberto. Non se precisa a copia do DNI.

Cales son as condicións de préstamo para os usuarios externos?

Pode levar en préstamo 3 libros durante 10 días. Máis información nas Normas de préstamo da Biblioteca Universitaria e na Guía de préstamo.