Bibliotecas da UDC e horarios

Cantas bibliotecas existen?
Que horario teñen as bibliotecas?
Que horario teñen as aulas de estudo?

Cantas bibliotecas existen?

Na UDC existen dezasete puntos de servizo en total:

  • O Servizo de Biblioteca Universitaria
  • Doce bibliotecas de centro:

Biblioteca da ETS de Arquitectura
Biblioteca da EU de Arquitectura Técnica
Biblioteca da ETS de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos
Biblioteca da Facultade de Ciencias
Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación
Biblioteca da Facultade de Dereito
Biblioteca da Facultade de Filoloxía
Biblioteca da Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física
Biblioteca da Facultade de Informática
Biblioteca da ETS de Naútica e Máquinas
Biblioteca da EU Politécnica
Biblioteca da Escola Politécnica Superior

  • E catro bibliotecas intercentros:

Biblioteca de Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Biblioteca Universitaria de Oza (Cc. da Saúde e Fisioterapia)
Biblioteca da Casa do Patín (Cc. do Traballo, Deseño Industrial, Enfermaría e Podoloxía, Humanidades e Documentación)
Biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Que horario teñen as bibliotecas?

Depende do período do ano pero, como norma xeral, de luns a venres de 08.30 h a 21.30 h, de xeito ininterrompido. Os sábados, domingos e festivos permanecen pechadas.

 

Que horario teñen as aulas de estudo?

As aulas de estudo son un servizo que ofrece a Universidade, pero non están relacionadas coa Biblioteca da UDC (BUDC). Hai información sobre os seus horarios e a súa situación na seguinte ligazón: http://www.udc.es/goberno/equipo_reitoral/vice_estudantes_deporte_e_cultura/aulas_estudo/


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000